E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 12 de novembro de 2019

INFAMIA


INFAMIA
Autora: Ledicia Costas
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide con 25 aniversario da desparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?

Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura.

Fiel á súa escrita, Ledicia costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.

ISBN: 978-84-9121-536-3
Nº de páxinas: 270
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 15,5 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger