E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 11 de novembro de 2019

OBRADOIROS CIENTÍFICOS "KIDS" E "WATER"


A seguinte actividade deste mes de novembro son os Obradoiros científicos "KIDS" e "WATER" que terán lugar o Luns 18 de Novembro ás 11:00 e 13:00 horas na Sala de Lectura da biblioteca e que serán levados a cabo polo equipo de CIENCIA EN MOVEMENTO, unha iniciativa dun grupo de científicos interesados en promover a cultura científica e achegar a ciencia aos estudantes de forma atractiva, interactiva e práctica.

Nesta actividade participarán os alumnos de 2º e 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

No obradoiro "KIDS" haberá multitude de experimentos no que os participantes xogarán con globos, confetti, carreiras de latas e cun fluído moi estraño que levarán de recordo. A materia é impresionante! 

Pola súa parte o obradoiro "WATER" terá como fío condutor o auga, e nel os participantes aprenderán as súas peculiaridades propiedades e distintas posibilidades. Ademáis, todos os participantes levarán para a súa casa o seu propio submarino construído durante o obradoiro, ao máis puro estilo Xulio Vernil. 

Esta actividade forma parte do programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Nesta actividade é OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger