Comezamos un novo ano de actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, cun ciclo de novas e interesantes actividades culturais e educativas das que vos iremos informando puntualmente.
Empezamos homenaxeando á nosa ROSALÍA DE CASTRO neste mes de febreiro en que se cumpre o 181 aniversario do seu nacemento (día 24), cun espectáculo de poesía dramatizada a cargo de Ana Hermida da Asociación Cultural Lisístrata.
Empezamos homenaxeando á nosa ROSALÍA DE CASTRO neste mes de febreiro en que se cumpre o 181 aniversario do seu nacemento (día 24), cun espectáculo de poesía dramatizada a cargo de Ana Hermida da Asociación Cultural Lisístrata.
No espectáculo, baixo o título de "TECÍN SOIA A MIÑA TEA", Ana Hermida fará dramatizacións de poemas da nai das nosas letras coa pretensión de amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller.
Vémonos o martes 20 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e xa temos confirmada a asistencia do alumnado de 1º a 4ª da ESO do CPI "Curros Enríquez" e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
Ainda quedan prazas libres, se queredes asistir a esta actividade estades a tempo de inscribiros chamando ao teléfono da Biblioteca...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.