domingo, 9 de outubro de 2016

VIDA E OBRA DE RAMÓN PIÑEIRO. Escolma de textos


VIDA E OBRA DE RAMON PIÑEIRO
Escolma de textos
Autora: Beatriz García Turnes
Editorial Galaxia S.A.k, 2009
Colección: Letras Galegas

Xénero: Biografías - Memorias - Narrativa

Biografía e antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida de Ramón Piñeiro.

Escrito por Beatriz García Turnes, profesora de Lingua e Literatura Galegas, autora de A lingua galega entre 1875 e 1916, situación social e consciencia idiomática, este libro amosa as distintas facetas da biografía do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009 e achega unha selección de textos que abranguen a súa importante actividade epistolar, a súa concepción do papel da lingua na sociedade, os ensaios sobre a saudade e a función da literatura como expresión da cultura dun pobo.

ISBN: 978-84-9865-150-8
Nº de páxinas: 188
Encadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger