E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 10 de outubro de 2016

A AVOA DO CEO


A AVOA DO CEO
Autor: Anna Lavatelli
Ilustracións: David Pintor
El Patito Editorial, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Este é un libro dedicado a unha unión que nada nin ninguén pode romper: a relación entre unha avoa e a súa neta, unha relación que non coñece límites e na que todo é posible, mesmo montar en bicicleta e saír percorrer o horizonte, co seu querido can, entre unha nube e un raio de sol...

Anna Lavatelli é unha autora italiana recoñecida da literatura infantil contemporánea, galardoada, entre outros, co prestixioso Premio Andersen en 1988 e en 2005.

"A avoa do ceo" está ilustrado polo galego David Pintor, debuxante ben recoñecido e galardoado dentro e fóra das nosas fronteiras; os seus sinxelos e emotivos debuxos achéganlle ao texto unha luz inconfundible porque, en palabras da escritora, «as ilustracións nos libros infantís teñen que ser non bonitas, senón marabillosas».

ISBN: 978-84-943231-6-8
Nº de páxinas:24
Encuadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger