xoves, 13 de outubro de 2016

O POETA DO MIÑO


O POETA DO MIÑO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada                        Edicións do Cumio S.A., 2015                             
Colección: Ao noso xeito                              

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

"Olla ben, lector,
os camiños deste conto,
segue os pasos do Poeta do Río
que atopou a inspiración
nas frondosas espesuras
da beira do Miño"

Segunda entrega da colección Ao noso xeito que homenaxea a Manuel María, ao que se lle dedicou o "Día das Letras Galegas" de 2016. 

"O poeta do Miño" é un conto inspirado no poema Proclama ós peixes do Miño de Manuel María do poemario O Miño canle de luz e néboa.  

A historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada fala sobre o amor á natureza, o coñecemento do río Miño e o seu percorrido, e a ecoloxía, nocións que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

ISBN:978-84-8289-513-0
de páxinas: 47
Encuadernación: Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger