E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 18 de outubro de 2016

LUÍS PIMENTEL. OBRA COMPLETA


LUIS PIMENTEL. Obra Completa
Autor: Luís Pimentel
Edición: Araceli Herrero Figueroa
Editorial Galaxia S.A., 2009
Colección: Obras completas

Xénero: Literatura Galega / Literatura Castelán

Por primeira vez, publícase a "Obra completa" do poeta Luís Pimentel.

Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, "Triscos", ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, "Sombra do aire na herba", publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega.

De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro "Barco sin luces", poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita ou non recopilada.

A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets.

Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.

ISBN: 978-84-9865-234-5
Nº de páxinas: 470
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger