E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 21 de outubro de 2016

1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL PAROLEIROS CON RETRANCA - "FALAR POR FALAR"

1º CICLO DE TRADICIÓN ORAL 
PAROLEIROS CON RETRANCA 
"FALAR POR FALAR" 

-NOVEMBRO 2016-

Tódolos Venres
no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén 

https://www.dropbox.com/s/sa9joff0vs40mgh/2016-11%20Todo%20%C3%A9%20Parola3.jpg?dl=0

O Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral durante tódolos venres do mes de novembro con varias actuacións a cargo dalgúns dos mellores contadores de historias de Galicia, unha actividade patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. 

Paula Carballeira, Santi Prego, Celso Fdez. Sanmartín e Charo Pita son os escollidos para esta 1ª edición coa que se pretende homenaxear ás nosas tradicións a través de historias contadas oralmente que farán que a imaxinación de mozos e adultos viaxe a través dos contos de sempre que nos contaban os nosos antergos: lendas tradicionais de arrepío, de medo, de morte, de erotismo, de alegrías, de penas, de ricos, de pobres, de animais..., co obxectivo de espertar a imaxinación e a emotividade con estas historias que nos conectarán cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que... había moito conto.

A inauguración deste 1º CICLO será o día 4 de novembro ás 20:00 horas co espectáculo "Os contos que non me contaron", un feixe de contos de todo o mundo que aínda non escoitaches, e que agora terás a oportunidade de facelo da boca de Paula Carballeira.

O 11 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a actuación de Santi Prego con "O teatro maís pequeno do mundo" ofreceranos un repertorio de contos e historias con participación, contos literarios e contos tradicionais galegos, cunha forma de contar moi visual do narrador, algúns toques de maxia, poesía e comicidade sutil.

O día 18 de novembro ás 13:00 horas teremos con nos a Celso Fdez. Sanmartín co seu espectáculo "Contos que non falten", un repertorio composto por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais.

Para pechar o 1º Ciclo de Tradición Oral, o día 25 de novembro ás 20:00 horas Charo Pita ofrecerános unha serie de relatos de tradición oral e da súa propia autoría co espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte". A ollada, o silencio e, como non?, a palabra son os protagonistas destas historias que van dende a creación do mundo ata a morte perfilada dende o seu lado máis tenro, máis cómico, máis vital, máis erótico.

Actividades patrocinadas pola


ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

ESPERÁMOSVOS, NON FALTEDES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger