SOÑOS ELECTRICOS
Autor: Ramón Caride Ogando
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1992
Colección: Narrativa
Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Ciencia Ficción
O tema central é a cultura de masas, concretamente o universo do rock
and roll, con moita influencia de músicos como David Bowie e referencias
ó cine e ó cómic.
A novela está ambientada nun mundo futurista, que
pode ser herdeiro do de Blade Runner, a película de Ridley Scott, ou de
Un mundo feliz, de Aldous Huxley.
A estructura da novela é "coma
unha acumulación de relatos curtos ou aventuras, unidos pola presencia
de dous personaxes centrais, que viven nunha sociedade pechada, nunha
cidade que está illada do entorno, ecoloxicamente estragado. Nesa
cidade, Alfa, temos a estes dous personaxes, un pertencente á alta
sociedade, un artista chamado Stevo Dádik, e outro á clase baixa, un
asasino chamado Xandor-F. A novela conta a vida dos dous, os encontros e
desencontros que teñen nas cinco partes de que consta a obra."
"Soños
eléctricos recolle a tradición da ciencia ficción que podemos chamar
"sociolóxica", que ten un dos seus máximos representantes actuais no
americano Frederick Pohl, e foi iniciada por H. G. Wells, quen, frente á
liña da ficción científica e tecnolóxica ó estilo de Verne, opta por
especular coa evolución psicolóxica e social do home sometido á presión
destas novas tecnoloxías."
Nº de páxinas: 176
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.