domingo, 8 de maio de 2016

XII FESTA DO OVO DE NESPEREIRA

O próximo domingo, día 15 de maio celébrase novamente na parroquia de NESPEREIRA do noso concello de Pazos de Borbén a

XII EDICIÓN
DA
FESTA DO OVO




Así que xa sabedes, o Domingo 15 de Maio celébrase a XII edición da FESTA DO OVO en NESPEREIRA no recinto de festas que estará cuberto cunha gran carpa.

PROGRAMA DE ACTOS

  • A partir das 11,00 da mañán serviráse diferentes pratos elaborados con ovos caseiros.
  • Ás 13:00 horas leerá o Pregón NOELIA OTERO, Directora e presentadora do programa diario "Boas Tardes" e de "O Qué Pasa Aquí" da TVG.
  • A festa estará amenizada pol Dúo ESTELAR.

Insistimos, recordamosvos que como cada ano no mes de Maio...

XII FESTA DO OVO EN NESPEREIRA

Todos os pratos estará feitos a base de ovos caseiros. 

Como todos os anos o prato estrela é o de ovos con patacas e chourizo, aínda que tamén se poderán degustar tortillas, tanto de patacas como á francesa con ou sen chourizo.

Outros pratos que se servirán son: grelos cocidos con chourizo, patacas e ovos e empanadas de ovo e atún.

Todos os pratos estarán ao alcance calqueira bolsillo xa que a degustación dos mesmos segue manténdose con prezos antecrise de 5 € e 6€ con acompañamento de viño e pan.

PATACAS FRITAS CON OVOS E CHOURIZO 
(Prato estrela)
 
GRELOS CON PATACAS, OVOS E CHOURIZO
(Gran éxito das últimas edicións) 

Organizada pola Asociación de Veciños de Nespereira coa colaboración da Panaderia-Pastelería-Café "O Cruceiro" e do Concello de Pazos de Borbén.

ESPERÁMOSVOS EN NESPEREIRA!

NON VOS ESQUEZADES!

BO PROVEITO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger