VISITAS

xoves, 12 de maio de 2016

POEMAS PARA DICIRLLE A DUAS LAGOAS

POEMAS PARA DICIRLLE A DUAS LAGOAS
Autor: Manuel María
Limiar: Miguel Anxo Fernán-Vello
Edicións Espiral Maior S.L., 1994
Colección: A Illa Verde, nº 7 - 2ª edición

Xénero: Literatura Galega - Poesía
 
Duas lagoas chairegas, a de Cospeito e a do Ollo, esta última en terras de Begonte, son quen de despertar en Manuel María toda a súa poderosa percepción da natureza, unha entrega textual e sensitiva que o poeta combina en sabio oficio de canto e homenaxe até nos tocar en forma de alento musical e poético as mesmas raíces do corazón de nós:
 
Eu son esta terra e esta auga: lagoas
de Seixas, Toiral, Santa Cristina,
Bardancos, Boedo, Lamas de Xermar,
Charca do Alligal, As Carpaciñas,
Pozos das Nádigas e do ollo,
pucharcas como estrelas ou lúas,
maravillosas esmeraldas, decorando
o corpo vexetal da miña tribo (...)
 
ISBN: 84-88137-35-4
Nº de páxinas: 48


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger