xoves, 12 de maio de 2016

2016 CAMILO JOSÉ CELA - O CENTENARIO DUN NOBEL


Onte, 11 de maio de 2016 cumpríronse 100 anos do nacemento de CAMILO JOSÉ CELA TRULOCK.
Ás nove e vinte da noite do día 11 de maio de 1916, vin a este val de bágoas na casa do paso nivel de Iria Flavia, concello de Padrón, diocese de Santiago de Compostela, provincdia da Coruña, banda de estribor da ría de Arousa, alá onde se atopan os ríos Sar e Ulla [...]
A Rosa (Xunta de Galicia, 202)
Camilo José Cela

O 11 de maio de 1916, nacía na parroquia de Iria Flavia, Padrón (A Coruña) Camilo José Cela Trulock, unha das figuras claves na evolución cultural española, como revolucionario da narrativa e como promotor de proxectos culturais decisivos, especialmente no ámbito literario, onde acadou os máis importantes recoñecementos.

Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1987, Premio Cervantes de Literatura en 1995 e Premio Nobel de Literatura en 1989, Camilo José Cela abre as portas da literatura española contemporánea con erudición e un dominio lingüístico á altura dos mellores mestres.

Este ano 2016, cando se cumpre o centenario do seu nacemento, representa unha data memorable e unha oportunidade única para divulgar o valor cultural do seu legado.

Coincidindo con este aniversario, así como cos 25 anos da apertura en Iria Flavia da primeira Casa dos Cóengos como Casa-Museo do escritor, a Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en colaboración con diversos organismos e institucións, organiza un completo programa de actividades conmemorativas, coas que facer partícipe desta celebración á sociedade no seu conxunto.

BIBLIOPAZOS quere sumarse aos actos de homenaxe a Camilo José Cela difundindo as súas obras a través das redes sociais e animar aos veciños e veciñas do concello a participar desta celebración, mediante a súa asistencia aos actos que se celebrarán en toda Galicia e tamén léndo as súas obras. 

Se queres consultar as obras de Camilo José Cela dispoñibles en BiblioPazos fai clic AQUÍ:

https://www.dropbox.com/s/erz0fuoahkzx4cb/CARTEL%20VERTICAL%20PORTADAS%20LIBROS%20CAMILO%20JOSE%20CELA.jpg?dl=0


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger