E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 4 de marzo de 2016

CONVOCADA A "XVI EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS"

O diario "El Progreso" de Lugo ven de convocar a XVI edición dos premios Muralla de Lugo, na que poden participar novamente todos os pequenos e pequenas con menos de 12 anos. 

O prazo de presentación de traballos remata o 31 de marzo de 2016. 

Os gañadores recibirán 500 euros e unha fin de semana cultural en París para tres persoas.


CONVOCATORIA 

Con motivo do aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento, a Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, Telelugo e o "El Progreso" convocan a: 

XVI EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS 

BASES 

Idade 

A idade máxima para participar é de 12 anos. 

Características dos traballos 

Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30 x 30 cm. 

Redacción: No debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán o galego. 

A temática 

Tanto do debuxo como da redacción debe referirse á Muralla romana de Lugo, á paz, á solidariedade e ao respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e ao entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla romana de Lugo.

O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade (debuxo e redacción).

Deberá remitilos nun sobre cos seus datos persoais incluído o teléfono de contacto ao xornal El Progreso (Rúa Puro Cora 3 - 27002 - Lugo).

O prazo de presentación finalizará o 31 de marzo de 2016 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de "El Progreso".

O xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase aos autores dos traballos.

A presentación ao concurso supón a aceptación de toda as bases correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta decisión será inapelable.

PREMIOS 

Redacción: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas. 

Debuxo: 500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas. 

Grupo de traballos: 2 premios de cadanseus equipos informáticos, un en cada categoría, para as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.

Mestres-titores: Establécense tamén 2 premios de cadansúas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.

Finalistas: O xurado elixirá ademais dos gañadores 5 premios finalistas en cada unha das categorías (redacción e debuxo).

Diploma "Defensor da Muralla" a todos os participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger