domingo, 28 de febreiro de 2016

PEL DE LOBO

PEL DE LOBO
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección "FÓRA DE XOGO"
1ª Edición outubro 2002

Xénero: Novela de aventuras

Literatura Xuvenil

Premio Merlín de Literatura Infantil 2002
Lista de honra do IBBY 2004

"Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos.

Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando.

Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume."

Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome.

Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores.Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo.

Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.

ISBN: 978-84-8302-865-0
Formato: 13,5 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 112




  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger