A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ
Autor: Alejandra Schmidt Urzua
Ilustracións de: María José Olavarría Madariaga
Tradución de: Charo Baleirón Sóñora
Hércules de Ediciones S.A.
Xénero: Contos infantís.
Idade recomendada: + 5 anos.
Este
libro amósanos o proceso da fin da vida e o inicio doutra. Fálanos do
camiño natural de deixar que a vida siga o seu curso, de soltar os
apegos e os recordos da memoria.
Este é un conto moi especial, podemos leelo do dereito e do revés,
por un lado temos a historia contada por unha nena de cinco anos.
A mirada da meniña conéctanos coa percepción que os máis
pequenos teñen dos adultos maiores, con aquela empatía e complicidade
especial que senten no vínculo que manteñen con eles, e déixanos ver
como a sensibilidade, sen a razón polo medio, abre unha porta de acceso
ao seu mundo particular.
A mirada da bisavoa, real, sincera e directa, amósanos a súa experiencia do envellecer, as perdas sucesivas que debe enfrontar ao final da vida e a esperanza sempre presente de continuar vivindo en paz, na esencia da alma infantil.
Ambas as miradas reflicten un paralelo natural entre a emocionalidade e as vivencias dos nenos e as dos adultos maiores. Insinúan como a fin da vida nos fai volver ser nenos e nos permite compartir un mundo e amor similar.
A lectura destes dous contos condúcenos dun modo humano, sensible e delicado, a conectarnos coas vivencias da nosa infancia, cargadas de afecto e de emoción, nas cales os lazos e vínculos cos nosos antepasados foron fundamentais para o noso proceso de formación como persoas.
Transmítenos
ademais a mensaxe do respecto polos nosos adultos maiores, pois as
historias que eles comparten connosco son tesouros postos en palabras
cargadas de sentido de pertenza e de identidade. Son a base da nosa
historia e representan esa parte do pasado que nos brinda pontes co
presente.
ISBN: 978-84-92715-83-1
ISBN: 978-84-92715-83-1
Nº de páxinas: 44
Formato: 20 x 20 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.