H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft
Literatura Xuvenil en Galego
Xénero: Novela de terror
Normalmente chámaselle “Contos do ciclo do soño” a aquelas historias de H.P. Lovecraft comprendidas entre a súa etapa máis temperá, a dos “contos macabros”, inspirada por Poe e toda a tradición romántica norteamericana, e o seu apoxeo como escritor, que lle veu co denominado “ciclo de Cthulhu”.
Estes contos, breves case todos eles, destilan unha enorme inspiración dunsanyniana, onde xa se advirte unha sensibilidade especial polo terror cósmico, que culminará nos antes amentados mitos de Cthulhu.
As paisaxes oníricas salpicadas de horrores inexplicábeis e o ton poético lévannos a un outro mundo, onde a única fronteira é a nosa imaxinación, ou o limiar dos medos que asexan tras do mundo da vixilia.
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-15699-07-1
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.