luns, 7 de marzo de 2016

A CHAMADA DE CTHULHU e outros contos de terror cósmico


A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico
H.P. Lovecraft
Traducción: Fran Morell, Tomás González Ahola e Rodrigo Vizcaíno

Urco Editora
Colección Urgo Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Este volume forma é o primeiro título da Biblioteca Lovecraft de Urco Editora.

A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico, contén seis relatos da primeira etapa deste autor que marcaron as pautas do mito que viría despois.

Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado “Ciclo de Cthulhu”, polifonía estridente e impía que desafía toda cordura, non podía ser menos.

Neste volume preséntanse as primeiras obras de H.P. Lovecraft nas que se perfila este inmenso e complexo cosmos estarrecedor poboado das máis aberrantes entidades. Dos poboadores prehumanos e extraterrestres de “A maldición que caeu sobre Sarnath” ás areas de Arabia que sepultan a esquecida “Cidade sen nome”, dos saqueadores de tumbas de “O sabuxo” aos escuros segredos de Nova Inglaterra que relata “O festival”, dos adoradores de Nyarlatothep de “Os soños da casa da bruxa” a, como non, os sanguinarios cultistas de “A chamada de Cthulhu”, estas páxinas revélannos o nacemento dunha das mitoloxías máis importantes do século XX.

A colección Urco Gótica ten publicado literatura traducida de xénero gótico e terrorífico, de autores como Edgar Allan Poe, H.P. Lovecraft, William Hope Hodgson, Sheridan Le Fanu ou Bram Stoker.
 
Nº de páxinas: 208
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-938558-0-2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger