E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 10 de marzo de 2016

A PROCURA SOÑADA DE KADATH A DESCOÑECIDA

A procura soñada de Kadath a Descoñecida 
H.P. Lovecraft 
Traducción: Tomás González Ahola 
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Coa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega. 

H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento.

Trátase do texto de maior extensión do “ciclo do soño” e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks. 

Nº de páxinas: 202 
Formato: 21 x 13,3 cm 
ISBN: 978-84-15699-11-8


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger