mércores, 24 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. 

O seu relato é enteder desde a perpectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días. 

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demo do dente.

¡Qué auga tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.
  



Para celebrar o aniversario do seu nacemento en BiblioPazos teremos a seguinte actividade o próximo
Venres día 26 de febreiro
a
MARISA IRIMIA
Narradora oral - Ilustradora
 Actriz - Animadora á lectura
ás 13:00 horas
na Sala de lectura de BIBLIOPAZOS
co seu espectáculo de narración oral
 
"Contando con Rosalía"

Rosalía estaba sentada debaixo dunha árbore lendo un conto. De súpeto, unha xigantesca raposa saltou sobre ela e atrapouna.
-Ai, vou facer sopa de Rosalía! –dixo a raposa.

A raposa meteu a Rosalía nunha pota pero… esa sopa non vai
saber a nada. Non leva nin poesías nin contos!! Para que estea boa, a sopa TEN QUE LEVAR POESÍAS E CONTOS…!!

Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro.

Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico,
divertido e saboroso. Rimas, poesías e contos para o Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Para nenos de 4 a 11 anos

Obrigatorio: Inscrición previa na biblioteca. 

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!

CONTAMOS CONTIGO!
 
Ademáis deixámosvos tamén as obras de Rosalía de Castro das que dispoñemos en BiblioPazos e que están a disposición dos nosos usuarios e usuarias.

No catálogo de BiblioPazos podes localizar as súas obras.


Para saber máis sobre Rosalía de Castro fai CLIC no seguinte enlace:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger