CHOVEN PALABRAS NO FUTURO
Varios Autores
Coordinación: Concha Blanco
Editan: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)
Xénero: Narrativa, Poesía
Idade recomendada: A partir de 7 anos
Esta edición de "Choven palabras no futuro" conmemora as
vodas de prata da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).
Nesta publicación atóparás un mollo de contos e de poemas e de textos literarios do máis diferentes que, convenientemente abeirados ás ilustracións, chegarán ata os corazóns dos que, aínda que pequenos, xa saben que nos libros e na literatura se agocha unha fonte moi grande de pracer.
Na publicación participaron 25 autoras e autores galegos
relevantes do xénero como Marilar Aleixandre, An Alfaya, Xoán Babarro, Concha Blanco, Marica Campo, Maria Canosa, Paula Carballeira, Pepe Carballude, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Anxo Fariña, Ana Mª Fernández Martínez, Agustín Fernández Paz, Antonio Manuel Fraga Allegue, Antonio García Teijeiro, Xosé Neira Vilas, David Otero, Xosé A. Perozo, Antonio Reigosa, María Reimóndez, María Solar, Miguel Vazquez Freire e Helena Villar Janeiro.
A obra
contou ademáis coa contribución de ilustradores galegos tales como Óscar Villán, Antonio Seijas, Xosé Tomás, Marifé Quesada, Xosé Cobas, Manuel Uhía e David Pintor.
Encadernación: Cartoné
Formato: 24 x 17 cm
Nº de páxinas: 59
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.