sábado, 16 de xaneiro de 2016

XOGUETES NATURAIS - ARGALLADAS DOS PÍCAROS

Xoguetes Naturais
Argalladas dos Pícaros
Autor: Xosé López González e José M. García Fernández
Edita: Ouvirmos, 2014


Cultura, tradición e folklore de Galicia. Traballos manuais
 
Idade recomendada: De 6 a + 18 anos

"Xogetes naturais" son uns cadernos que nos ensina como realizar paso a paso 60 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores…

Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional.

Primavera-Verán

Os 30 xoguetes, elaborados con elementos propios da primavera-verán, acompáñanse de máis de 200 ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos que dun xeito didáctico e práctico nos descubren como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula, entre outros. 

O libro presenta unha ficha para cada xoguete. Cada ficha inclúe o nome común e o nome científico da planta ou árbore coa que se elabora a argallada, as ferramentas, o material natural e unha explicación detallada dos pasos a seguir para conseguir o xoguete proposto. Todo isto complementado de varios debuxos realizados a lapis que nos permiten visualizar os pasos a seguir e o resultado final.

ISBN: 978-84-941053-4-0
Encuadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 84

Outono-Inverno

O segundo volume de Xoguetes Naturais, nos ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas… Este segundo volume está dedicado aos xoguetes realizados con materiais propios do outono e o inverno. Os días son máis curtos e pequeneiros, as horas de xogar fóra da casa van minguando e os devezos de brincar medran ao ritmo da imaxinación. Non imos deixar de enredar por moito frío que faga ou aínda que á chuvia lle dea por aparecer un día si e outro tamén. Existen alternativas diversas e materiais dabondo para divertírmonos sen nos mollar ou acatarrar. 

Bugallos, carozos de millo, nabos, cocas ou noces son só algúns dos elementos cos que poderedes construír muíños, cataventos, lanchas, bailaretes ou bonecas, entre outros.

Os 30 xoguetes acompáñanse de máis de 200 ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos prácticos e didácticos. Un total de 92 páxinas que presentan fichas para cada un dos xoguetes. Cada ficha inclúe as ferramentas coas que se elabora a argallada, o material natural e unha explicación detallada dos pasos a seguir para conseguir o xoguete proposto. Todo isto complementado de varios debuxos realizados a lapis que nos permiten visualizar os pasos a seguir e o resultado final.

ISBN: 978-84-941053-8-8
Encuadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 92


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger