venres, 15 de xaneiro de 2016

NOVAS AVENTURAS DE "OS BOLECHAS" EN BIBLIOPAZOS

Os Bolechas van a Lolilandia
Os Bolechas van nunha nave espacial
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing 

Xénero: Albums infantís ilustrados. Contos

Idade recomendada: 0 a +18 anos

As novas aventuras en formato papel dos Bolechas manteñen a filosofía de sempre e supoñen a recuperación do formato clásico dos contos, totalmente cadrados con tapas duras e imaxes de gran formato –a dobre páxina– coas que Pepe Carreiro ilustra as novas historias da familia Bolechas.


Os Bolechas van a Lolilandia transcorre na praia a onde vai a pasar o día a familia. Loli métese no mar e descobre unha illa á que lle pon o seu nome: Lolilandia. A xemelga dedícase a explorar os seus novos dominios e non deixa entrar aos irmáns, pero cando se dá de conta a illa comeza a desaparecer…

ISBN: 978-84-617-3255-5
Encadernación: Cartoné
Núm. páxinas: 19


En Os Bolechas van nunha nave espacial, Braulio constrúe unha nave espacial coa que os irmáns van descubrir extraterrestres polo espazo intergaláctico. Carlos é o condutor, Pili a exploradora, Loli e Sonia as auxiliares e Braulio o comandante. Os astronautas chegan a un planeta descoñecido e… atopan dous extraterrestres!

ISBN: 978-84-617-3222-7
Encadernación: Cartoné
Núm. páxinas: 19

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger