Xa temos a disposición dos nosos usuarios e lectores varios exemplares do libro "Los misterios del sistema inmunitario. Cómo protege nuestro cuerpo", editado pola Sociedade Xaponesa de Inmunoloxía co obxectivo de axudar aos rapaces novos de 10 a 14 anos a entender mellor o funcionamento do sistema inmunitario.
Recibimos estes exemplares de forma totalmente gratuíta do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo que dirixe a Dra. África González que é ademáis a coordinadora do proxecto institucional europeo BIOCAPS, que están organizando unha serie de actividades de difusión en torno á Inmunoloxía, cos centros educativos e coas Bibliotecas de Galicia, en colaboración coa Sociedad Española de Inmunología (SEI) e a Fundación Dr. Antonio Esteve.
Se clicades AQUÍ podedes descargar o libro en varios idiomas e ademáis xogar co libro e xogo interactivos en "inglés".

Esta campaña realízanse para conmemorar o Día Internacional da Inmunoloxía que se celebra o día 29 de Abril co obxectivo de difundir entre a poboación a importancia das vacinas hoxe en día, calendarios de vacinas, incorporacións de novas vacinas, riscos para as persoas e para a poboación xeral; así como dar a coñecer os conceptos de inmunidade, antíxenos, anticorpos, memoria inmunolóxica..., en definitiva coñecer e entender mellor o funcionamento do sistema inmunitario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.