E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 2 de outubro de 2014

OBRADOIRO "ACTIVANDO O TEU FUTURO" PARA FACILITAR A BUSCA DE EMPREGO ENTRE A XUVENTUDE

O Concello de Pazos de Borbén organiza un obradoiro para facilitar a busca de emprego entre a xuventude.

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borbén convoca un obradoiro relacionado co autoemprego e a busca activa de traballo. Trátase do obradoiro práctico "ACTIVANDO O TEU FUTURO" e está dirixido aos xóvenes do concello que desexen incorporarse ao mercado laboral. 

O obradoiro está incluido no programa "Activa 2014" da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e será impartido por técnicos da Consellería de Traballo e Benestar.

É totalmente gratuíto, de dúas horas de duración, e terá lugar o próximo día 13 de outubro de 15:45 horas ata as 17:50 horas, no salón de actos do Concello. 

A temática do obradoiro será a seguinte:
  1. Define o teu obxectivo. 
  2. Simplifica o teu curriculum.
  3. A proba das redes sociais. 
  4. Adquire formación. 
  5. A importancia da educación non formal e o voluntariado. 
  6. Empresas especialistas nas redes sociais. 
  7. Descubre a túa vocación e activa a túa creatividade. 
  8. Creación de rede de contactos Emprego.
As PRAZAS son LIMITADAS, polo tanto será necesario que os interesados que desexen asistir realicen a súa INSCRICIÓN no Rexistro Xeral do Concello de Pazos de borbén ata o día 8 de outubro de 2014.
 
 
Para máis información podes dirixirte á Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello en horario de 9:00h a 14:00 horas, de luns a venres ou tamén chamando aos teléfonos: 986 498 934 / 986 497 035 e preguntar por Isabel.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger