O próximo xoves 5 de Xuño, na Sala de Lectura, de 11:00 a 14:00 horas da mañán terá lugar unha nova actividade de animación á lectura en BIBLIOPAZOS. Nesta ocasión trátase do obradoiro creativo "A CIENCIA É DIVERTIDA" que levará a cabo Ana Romero Porto "Nita".
Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é
esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas
aprendan da forma máis divertida.
A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están
descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!
A través da narración dun conto realizaranse diversos experimentos con utensilios da vida cotiá, moi sinxelos,
para fomentar o aprendizaxe mediante a manipulación e a observación,
como por exemplo, inchar un globo sen aire, cómo aparece o arco da
vella, encher un vaso de auga e poñerlle unha carta facendo de tapón,
etc.
Nesta actividade participarán uns 50 alumnos de Educación Infantil do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
A 1ª sesión será de 11:00 a 12:00 horas cos alumnos de 3/4 anos.
A 2ª sesión será de 13:00 a 14:00 horas cos alumnos de 5/6 anos.
¡VEN A BIBLIOPAZOS!
¿PARTICIPA DAS NOSAS ACTIVIDADES!
Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,
en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de
Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.