xoves, 5 de xuño de 2014

ACTIVIDADES DE VERÁN 2014

A Oficina de Información Xuvenil do Concello (OMIX) envíanos información sobre as próximas actividades previstas para este próximo Verán.

Comenzarán este mes de XUÑO, e o día 25 terá lugar na Panadería "O Cruceiro" de Nespereira o OBRADOIRO "HOXE QUERO SER PANADEIRO" que está dirixido a nenos de 3 a 14 anos.


Do 1 ao 15 de XULLO está previsto o CAMPAMENTO DE VERÁN na CASA CULTURAL DE NESPEREIRA para nenos e nenas de 3 a 12 anos.


O día 27 de XULLO (Domingo) está prevista unha Excursión ao AQUAPARK de Cerceda no que poden participar todos os veciños e veciñas que o desexen.


E, para finalizar as actividades de verán, nunha data aínda por determinar terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello o FESTIVAL DE VERÁN no que haberá actividades de Teatro, Baile, Play-Back e Xogos.

  

VEN A PASAR UN VERÁN ESTUPENDO CON NOS
¡INSCRÍBETE NAS ACTIVIDADES!

 
 Dalle unha ollada ao cartel informativo facendo CLIC na imaxe:


https://www.dropbox.com/s/g834qekekngp23u/2014%20ACTIVIDADES%20DE%20VER%C3%81N.jpg


PARA MÁIS INFORMACIÓN PODES DIRIXIRTE Á:
 
 
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)
Casa do Concello 
Rúa Pazos nº 52 
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra) 
Tfno.: 986 498 934
/ 986 497 035 

omix@pazosdeborben.org
Persoa de contacto: Isabel
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger