E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 7 de abril de 2014

"Xogando coas letras" de EDUVIA en BIBLIOPAZOS

O pasado mércores día 2 de Abril asistimos ao Obradoiro Creativo "Xogando coas letras" pasamos unha mañán moi divertida e animada.


Os nosos amigos de 3º de Primaria do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos, disfrutaron moi activamente desta actividade.


Patricia Martínez e Mila de EDUVÍA explicáronnos o significado da celebración do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e o porqué da súa celebración o día 2 de abril de cada ano dende 1.967 para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen e co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

BIBLIOPAZOS participa nesta actividade promovida pola OEPLI e por GALIX.


De seguido Mila dun xeito teatralizado leeunos a mensaxe da escritora Siobhán Parkinson "Carta aos nenos do mundo" na versión traducida ao galego por Concha Blanco, e que escribiu especialmente para a celebración deste ano do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.


Durante unha hora e media celebramos este día tan especial e gozamos moitísimo xogando coas palabras e aprendendo a formalas en moitos idiomas de xeito cooperativo traballando en grupo e dunha forma moi divertida e dinámica.

Aquí queda unha mostra fotográfica da actividade e algún pequeno video da mesma:





Esperamos que vos gustara a actividade e as imaxes.

A PRÓXIMA ACTIVIDADE TERÁ LUGAR O DÍA 24 DE ABRIL NO AUDITORIO DO CONCELLO ONDE RECIBIREMOS A FÁTIMA FERNANDEZ E AOS SEUS "CONTOS SUSURRADOS".

¡CONTAMOS COA TÚA ASISTENCIA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger