E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 9 de abril de 2014

OBRADOIRO "ARTE MAIOR" (Iniciación á creación e interpretación artística)

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 30 DE ABRIL

 

O departamento de SERVIZOS SOCIAIS do  Concello de Pazos de Borbén en colaboración coa Cruz Vermella de Vigo, organiza un OBRADOIRO DE TEATRO "ARTE MAIOR" (iniciación á creación e interpretación artística) dirixido a persoas maiores.


Este obradoiro inclúese dentro das actividades do Programa para Persoas Maiores de Cruz Vermella Vigo que desenrola un conxunto de actividades a través das que Cruz Vermella tenta fomentar a autonomía e independencia das persoas estimulando as capacidades cognitivas e motoras e creando espazos de relación que permitan, co do traballo voluntario, que exista retroalimentación e bidireccionalidade na aprendizaxe, favorecendo un espazo de interacción que evite situacións de illamento e reforce habilidades, autoestima e comunicación.

DURACION E HORARIO: A duración do obradoiro será dunha hora e media semanal durante un mes.

IMPARTIDO: Por persoal voluntario da Cruz Vermella.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: A inscrición é totalmente GRATUÍTA e pode realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello, durante os luns, mércores e xoves de 09:00 a 14:00 horas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: AMPLIADO ATA O DÍA 30 DE ABRIL.

¡PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DO CONCELLO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger