A asociación de consumidores ADICAE vén de lanzar o Caderno de Reclamacións, unha guía publicada en formato PDF para defendérmonos dos principais abusos do consumo. Esta guía, que centra unha boa parte dos seus contidos en cuestións tecnolóxico-dixital (de feito a telefonía e Internet seguen a estar nos postos altos do ranking de reclamacións), abrangue 24 modelos de reclamación en ámbitos como o devandito das TIC ou tamén a compra de bens e a contratación de servizos, a enerxía, o transporte, as viaxes, a banca e as aseguradoras.
Fonte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.