domingo, 19 de xaneiro de 2014

Guía para rapazas "Cómo previ-las agresións e defenderse delas"


Guía para rapazas
"Cómo preví-las agresións e defenderse delas"
Autora: Mª José Urruzola Zabalza 
Ilustracións: Itziar Okariz, Azucena Vieites
Coedición en galego: Servicio Galego de Igualdade e Maite Canal Editora
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado
Xunta de Galicia, 2003 

Idade recomendada: + 12 anos 

INDICE
  1. Aprendendo a distingui-las agresións 
  2. Ónde adoitan suceder 
  3. Qué facer se fuches agredida 
  4. Qué facer cando outra rapaza che conta que foi agredida 
  5. Qué facer para colaborar a que non existan as agresións
Esta Guía está dirixida a todas vós, adolescentes e rapazas.

... dende que unha nena nace ata que chega á adolescencia é moldeada pola familia, polas amizades, polos medios de comunicación, etc., segundo o programa de vida ou estereotipos que as sociedades sexistas deseñan para as mulleres en cada época.

... dende pequenas, a través dos xoguetes, dos contos, das cores, da educación do voso corpo, dos traballos que realizades, dos consellos que vos dan, das cualidades que se vos esixen, dos desexos que vos mostran... vanvos inculcando un programa de vida, que no fondo, é común a todas as mulleres.

... transmítese de tantas maneiras disimuladas e con tantos medios, que ao final as rapazas da túa idade chegan a pensar que é o «seu» programa de vida, que elas naceron para facer iso, para ser así e aguantar o que lles veña. E as que queren saírse deste programa, séntense, inseguras, confusas...

... algunhas rapazas, cren que unha forma de se liberaren deste modelo de muller é imita-los comportamentos masculinos. É unha equivocación, porque con isto, perden todo o positivo da cultura feminina, que é moito, e adoptan algúns comportamentos tradicionalmente masculinos que son prexudiciais para o desenvolvemento persoal das rapazas e os rapaces.

Esta «Guía para rapazas» ofrécevos algunhas pautas de comportamento que vos axudarán a: rebelarvos contra este programa ou estereotipo de muller deseñado segundo os intereses sexistas, recupera-los vosos dereitos e defendelos e elaborar o voso propio programa global de vida, en función das vosas capacidades, gustos e posibilidades.

É o que desexamos para todas vos.

37 páxinas
19,5 x 21,5
ISBN: 84-453-3667-3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger