martes, 17 de decembro de 2013

Febre - LITERATURA XUVENIL

 
Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2011 
 
Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.
 
A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.
 
Unha novela de acción trepidante que retrata o cambio que nos últimos setenta anos se produciu no papel da muller na sociedade.
 
14 x 22 cm 
Cartonado
288 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-297-5 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger