xoves, 19 de decembro de 2013

Recendos de aire sonoro - LITERATURA INFANTIL


Recendos de aire sonoro
Edicións Xerais de Galicia 

Idade recomendada: + 8 anos 

En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos.As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poesía, establecen un diálogo fascinante neste poemario fermosamente ilustrado por Fino Lorenzo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción.
 
13,1 x 20 cm
Rústica cosido a fío
88 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-201-2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger