Punver de volta
Yolanda Castaño
Ilustracións de Eduardo Hermida
Ed. Galaxia. Vigo, 2009
Idade recomendada: + 6 anos
Punver é un simpático punki-gusanito do que se nos conta a historia en verso áxil e rimado. É tan despistado que garda os libros na neveira, chega ao cole sen carteira e lle bota sal aos pasteis. Unha vez, coas présas, meteu o xersei pola cola e puxo na orella os calzóns; outra, cando viño de comprar traía tres seixos na bolsa; un día que lle preguntaron a idade dixo que non recordaba se o ano anterior tiña tres ou catro anos. E como, ademais, ten moito sono, quédase durmido en calquera lado, no terreo ou montado enriba dun cabalo. Na casa, que xa o coñecen, sempre lle din que calquera día vai perder a cabeza. Pero chegou por fin un día no que corrixiu o seu despiste: cando a nai lle dixo que tiña a crista moi longa e o mandou ao peiteado, rematou deseguida porque esquecera a cabeza!
Álbum con ilustracións de trazo groso e directo sobre un colorista fondo compacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.