martes, 12 de novembro de 2013

A noite das filantes - LITERATURA INFANTIL

 
A noite das filantes
Xabier P. Docampo
Ilustracións de Xosé Cobas 
Col. Arbore. Os Duros, 31. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009
 
Idade recomendada: + 6 anos 
 
Aquela noite de agosto, unha das estrelas filantes chegou ao chan. Foi onda ela un gato, que levou o susto máis grande da súa vida.
 
Os nenos, que pediran desexos ao velas, foron á súa procura: buscárona no fondo do mar, onde había unha fermosa estrela, pero non era a que caera do ceo; no campo que abeira a cidade, deron con outra, pero tampouco a era; nin a estrela de xente que viron nunha fiestra da cidade.
 
Como unha nena a vira ir diante do tren, achegáronse ata o lugar onde se forma a estrela dos camiños de ferro. Marcharon logo ao río, e deron coa estrela de auga que se forma onde nacen todos os ríos da Terra. Pero non deixaron de buscar, ata dar con aquel neno que lía o mundo coa punta dos dedos. As súas mans debuxaron o seu desexo no aire da noite. E cando se puxo de pé descubriron o prodixio: tiña luz dentro, como se a estrela se lle metese dentro. 
 
O traballo de ilustración recorre a unha concepción pictórica para presentar sobre fondos escuros mínimos trazos figurativos, creando un clima metafórico misterioso e atraente. 
 
28 páx.
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-203-1 
 
Fonte: BLIX
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger