Antón
Corleone, María
Colección: Ler é Vivir
Idade recomendada: + 5 anos
ISBN: 978-84-403-1168-9
Nº páxinas: 36
Encadernación: Rústica
Formato: 19 x 21 cm
Sinopse
Antón vive en Faxilde rodeado de xente que lle quere moito. Sabe que non naceu da barriga da súa mamá; por iso, utilizando a súa potente imaxinación e a súa extraordinaria capacidade narrativa, fabrica o seu propio conto buscando as respostas que necesita aos seus catro anos. Quere esas, non outras. No medio da súa necesidade de saber, xorde a súa necesidade de observar o mundo de xeito diferente e coidadoso; para iso, inventa un artefacto, o Miroscopio, co que pode mirar á súa maneira e atopar pais, gnomos ou lúas de auga quente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.