HOXE estamos de festa.
É o noso primeiro cumpreanos.
BIBLIOPAZOS cumpre UN ANO navegando pola internet e dende esa data ata hoxe xa temos recibido máis de 24.120 visitas, 2.520 no último mes, cunha media de 84 visitas diarias.
O blog BIBLIOPAZOS empezou a idearse no ano 2011 e iniciou as súas andanzas pola rede o 27 de setembro de 2012.
Dende entonces levamos publicadas 844 entradas, estruturadas en diversas etiquetas (Animación a lectura, Novidades de literatura infantil, xuvenil e de adultos, Ciencia, Curiosidades, Concursos literarios, Educación, Familias, Entretemento, Formación, Novas tecnoloxías, Redes sociais, Videos, etc).
A entrada máis visitada do blog é a de “El boom de las novelas eróticas” con 380 visitas, seguida da noticia de “DisCamino 2013 – La aventura de Gerardo por la integración” con 140 visitas; a noticia da “1ª Campaña de Captación de Socios” con 123 visitas; e “Os libros máis vendidos escritos por mulleres” con 55 visitas.
A maioría das visitas que recibimos son a través dos ordenadores habituais (portátiles e de sobremesa) pero non é a única vía. A esta hai que sumarlle cada vez máis os smartphones e tablets.
O obxectivo do Blog BIBLIOPAZOS é o de ofrecer aos usuarios e a toda a veciñanza en xeral información sobre lectura, servizos e actividades da biblioteca e novas tecnoloxías; e facilitar recursos informativos co fin de cubrir as necesidades de persoas e grupos en materia de instrución, formación e perfeccionamento persoal comprendidas en actividades intelectuais, educativas, de entretemento e de ocio.
Temos informado de máis de 350 novidades de lectura en todas as categorías (Adultos, Xuvenil e Infantil), así como tamén de actividades e recursos aos que poden acceder os usuarios a través da web ou directamente nas nosas instalacións para a súa formación, educación, información e a busca de emprego a través da rede.
BIBLIOPAZOS tamén ten publicitado os seus obradoiros e cursos de Alfabetización Dixital e de Formación en Novas Tecnoloxías incluídas no Programa de Formación Cidadán 2013 do Concello de Pazos de Borbén (Redes Sociais, Powerpoint, Informática Básica, Word, Excel, Internet e correo electrónico, Busca activa de emprego, etc.), dirixidas a todas as idades e polos que xa teñen pasado máis de 200 persoas no que vai de ano; e de diversas actividades e servizos organizados e realizados por outros departamentos do Concello de Pazos de Borbén.
Dende o día 4 de xullo de 2013 BIBLIOPAZOS tamén dispoñemos dunha páxina no Facebook na que se informa día a día das actividades e servizos, á que te invitamos a visitar.
¡Celebrao con nos!
Parabens por todo o traballo realizado. ¡Animo! e perseverancia ante as dificultades.
ResponderEliminar