E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 7 de agosto de 2013

Nace "Oink!", a revista do Xabarin Club

Volve o Xabarín. "Nun tempo en que todo o dirixido á rapazada pasa polas factorías das grandes marcas. Cando todo o que se pensa para nenas ten forma de princesa rosa e para nenos forma de superheroe. Agora que os libros, as películas, a roupa e mesmo os iogures están inzados cheos dos mesmos personaxes infantís co único obxectivo de vender, nace algo diferente". Así se presenta Oink! A revista do Xabarín Club, unha revista mensual pensada para os máis novos e que sairá á rúa o 26 de agosto. Será mensual e presentarase en Viñetas desde o Atlántico o día 10.

Cuberta de Oink!

Na iniciativa colaboran Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto. Todos eles e elas alimentarán "unha revista divertida, dinámica e, aínda que non o noten, educativa". Destacan que "queremos lembrar o que moitas veces esquecemos: os nenos e nenas son capaces de pensar, imaxinar, idear e deseñar cousas incribles. Só fai falla tratalos coma persoas que son e darlles os recursos que precisan para sacar todo ese potencial". E cunha perspectiva galega: "Dende Galicia ollaremos para todo o planeta, veremos que acontece en lugares moi distantes, pero tamén pescudaremos a nosa terra. Queremos que a mirada local lles demostre que moi preto deles hai cousas incribles que paga a pena descubrir".

Dende a empresa Agalip, responsable da publicación, fan un chamamento á implicación dos pais e nais e de todos os fans do xabarín: "Queredes que se lles fale de xeito divertido aos máis novos e con respecto ás súas capacidades? Botades en falta aquelas tardes cando o Xabarín vos abriu os ollos a outras realidades posibles e queredes compartir esa sensación? Queredes ser os pais máis molóns da bisbarra ou os familiares máis queridos nas paparotas dos domingos?".

Ademais de banda deseñada haberá outros contidos: "Arte, historia, ciencia, deportes, actualidade… tratados dunha forma diferente e divertida". Para todo iso botan man do "revolucionario Xabarín", do que salientan que "o seu xeito particular de ver as cousas, a súa actitude crítica e o seu devezo por coñecer son aptitudes que teñen moito que lles achegar aos máis novos da casa, non credes?".

Fonte: praza.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger