xoves, 9 de maio de 2013

Violeta a carteira bolboreta - LITERATURA INFANTIL

Violeta, a carteira bolboreta
Mau (Enrique Mauricio Iglesias)
Ilustraciones de Pin (Carlos Álvarez Taboada)
 

Colección Polo Correo do Vento.
Ed. Xerais. Vigo, 2009 

Violeta, a carteira bolboreta, leva cartas de diferentes insectos (xoaniña, cervo voador, formiga, cempés, vagalume, carracha, araña, abellón ou piollo) aos seus amigos (abella, cervo voante, cigarra, cascuda, libélula, avespa, grilo ou saltón) que viven en diferentes ríos galegos (Lérez, Bermaña, Tambre, Xallas, Eo, Valiñadares, Ulla, Miño, Arnoia). Todos eles, ademais, teñen en común practicar distintos xogos ou deportes (xadrez, tute, fútbol, baloncesto, chave, billarda, alpinismo, submarinismo, pontismo, pimpón, videoxogos ou mesmo decathlón).

Con texto breve e rimado, ilustracións de trazos limpos dos animais, ademais dunha fotografía de cada espazo, o libro complétase cunha parte didáctica que inclúe preguntas de comprensión lectora, así como cuestións e pasatempos sobre os mundos dos animais retratados, que ademais se reproducen na última páxina como proposta de actividade para colorear. 

Enlace web blog Polo correo do vento
Actividades: Violeta, a carteira bolboreta en BIBLIOPAZOS 

32 p. - 28x20 cm.
ISBN 978-84-9914-067-4 
Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger