luns, 6 de maio de 2013

Os libros arden mal - LITERATURA ADULTOS

Os libros arden mal


Colección Narrativa
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2006
3ª edición revisada polo autor: decembro 2007

Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, 2006
Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2007
Premio da Crítica, 2006 (narrativa)
Premio Mellor Libro do Ano 2006 Libreiros de Madrid
Premio da Crítica Galega (Creación), 2007
Premio Losada Diéguez (Creación), 2007
Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2007 

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxesque a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: “Non se pode falar nin calar sen perigo”. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.

Fonte: Xerais 
FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger