mércores, 8 de maio de 2013

Banda deseñada - "Bieito Fendeferro - O CIRCO BODONI"


Tomo da serie de aventuras protagonizadas por un rapaz fervellasverzas cunha forza incrible. Ten argumentos de Peyo e debuxos de Walthéry. Os títulos en francés son Benoît Brisefer (a serie) e Le cirque Bodoni (este álbum, quinto na edición orixinal). Esta versión foi publicada en galego pola editorial barcelonesa Casals en 1991. Ten tradución de Miguel Vázquez Freire, revisión de Agustín Fernández Paz e lexendaxe de Joan Mulero.


Unha nova historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo.

Textos en galego
ISBN: 84-218-1168-1
Formato: cartoné, 30 x 22 cm, 68 páxinas, interior a cor, capas a cor 

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger