O venres pasado presentouse na Biblioteca de Chapela (Redondela) o libro "A noite do Apalpador", do escritor e poeta Xurxo Valcárcel, con ilustracións de Pepe Carreiro, e que foi editado polo Concello de Redondela.
Xurxo Valcárcel durante a presentación |
Os autores achegaron aos nenos a figura do Apalpador, nun acto presentado polo Concelleiro de Cultura José Alberto Pazos, no que os nenos, nenas, pais e nais, pasaron un rato agradable mentras coñecían ao protagonista do libro, unha personaxe clásica
destas festas en Galicia.
José Manuel con Pepe Carreiro |
Eu tamén estiven alí e, por suposto, fun obsequiado tamén con varios exemplares para a Biblioteca de Pazos de Borbén, un deles cunha dedicación especial dos autores para os lectores da biblioteca.
Grazas
ao Concello de Redondela, ao seu concelleiro de cultura pola súa atención coa nosa biblioteca e polo agasallo dos exemplares, e á encargada
da Biblioteca de Chapela pola súa atención.
Imaxe da dedicatoria dos autores |
Se queredes máis información sobre O APALPADOR fai clic AQUÍ.
Agora só queda que os disfrutedes. Quedan a vosa disposición na Biblioteca.
E non vos esquezades.
Estamos coa Campaña de captación de socios e ata o mes de febreiro todos aqeles que se fagan socios recibirán un pequeno agasallo da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.