Poderán participar neste Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2013 non teñan cumprido os 25 anos e que, con independencia do lugar onde nacesen ou residan, amosen o coñecemento do idioma galego necesario para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade.
Os/as autores/as deberán presentar unha memoria de entre 20 e 30 folios na que incluirán as características que terá a futura novela, un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor/a.
Cada traballo será presentado co nome e apelidos do autor/a, así como as indicacións necesarias para poder localizalo (dirección, teléfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo nin colectivas.
As/os autoras/es finalistas deberán presentar antes do 13 de xuño do 2013 as súas novelas cunha extensión non superior aos 150 folios no estado máis avanzado posible de acabado.
O prazo de entrega de traballos remata o 18 de marzo de 2013.
Dotación: Para o gañador ou gañadora, a estancia dun mes, incluída a manutención, na Casa Grande do Bachao, un ordenador portátil, a tutela dun escritor de renome, que asesorará ao gañador/a durante ese mes, a publicación do libro en galego, coa percepción dos correspondentes dereitos de autor.
Os outros autores/as finalistas recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas en habitación dobre na Casa Grande do Bachao.
Convoca / Enviar:
Biblos Clube de Lectores
Quintá, 8
Mandaio 15391
Cesuras (A Coruña)
Fonte: Xuventude.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.