En BIBLIOPAZOS estamos moi contentos pola acollida que fixestes ao noso Blog.
Subímolo á rede de internet o día 27 de setembro deste ano e, en menos de 3 meses, o noso contador xa vai por 5185 visitas.
Queremos agradecer a visita de todos os que algunha vez fixestes CLIC nalgún dos enlaces do blog e entrastes no mesmo.
Tamén queremos agradecer os comentarios que recibimos e animarvos a que fagades moitos mais porque así saberemos aquilo que é do voso interese e o que non o é tanto. Coa vosa axuda intentaremos seguir publicando novas que vos interesan e que sexan do voso agrado.
Desde BIBLIOPAZOS queremos seguir voando pola rede para seguir chagando as vosas casas e intentar coas nosas novas mantervos informados de temas de lectura, servizos e actividades da biblioteca, ademáis de temas de novas tecnoloxías e das noticias do noso Concello. De vez en cuando imos subindo tamén outras cousa diferentes que cremos que poden ser de interese xeral e vos poden gostar e tamén para facervos pasar un rato agradable.
Por iso pedímos unha participación mais activa e queremos máis comentarios vosos. Así que animádevos e axudarnos a facer un blog moito mais interesante para todos.
Podedes facervos amigos do blog no apartado "Amigos de Bibliopazos" e recibir a nosa información día a día no teu e-mail suscribíndovos no enlace "As nosas novidades no teu Correo -Subscríbete-". Así que xa sabedes esperámos moitos amigos e as vosas subscricións nos próximos días.
Coa vosa axuda queremos chegar aos 6000 antes do fin de ano.
Axúdádenos a difundilo o máximo posible pola rede para conseguir máis visitantes e poder chegar a moita mais xente.
E non vos olvidedes de visitarnos nas nosas instalacións en Pazos nº 1 na antiga Casa do Concello.
¡Contamos convosco!
Unha aperta e Feliz Nadal.
Recordar que estamos coa Campaña de captación de socios e ata o mes de febreiro todos aqeles que se fagan socios recibirán un pequeno agasallo da biblioteca. Se queres máis información clica no seguinte enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.