NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 27 de maio de 2022

"MALETAS VIAXEIRAS”" unha viaxe teatralizada para atopar unha nova maneira de ollar o Mundo con SABELA GAGO para conmemorar o DIA DAS LETRAS GALEGAS

Despois de ter aprazado a actuación prevista para o día 13 de maio por indisposición da actriz Sabela Gago, continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura en BiblioPazos e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, xa recuperada, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.

Esta actividade terá lugar o próximo VENRES DÍA 3 DE XUÑO a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 13 de maio de 2022

"O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN" Un contacontos das Letras Galegas de Trémola Teatro

O martes día 17 de Maio conmemórase en toda Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no que neste ano o homenaxeado é o poeta natural de Vilamartín de Valdeorras FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades educativo-culturais e de animación á lectura do mes de mayo e para conmemorar este importantísimo día para Galicia, o próximo día 20 de Maio teremos con nós á actriz YOLI LORENZO da compañía "TRÉMOLA TEATRO" que nos traerá o espectáculo "O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN", un contacontos das Letras Galegas centrado na vida do poeta valdeorrés.

A través da súa vida coñeceremos os seus poemas. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.

A actividade levarase a cabo dúas sesións:

  • Á primeira sesión de 11:00 a 12:00 horas está convidado o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.
  • Á segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas convidamos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Ademáis de dar a coñecer a vida e obra do poeta homenaxeado este ano 2022 queremos promover e dinamizar o uso da lingua galega entre os mais mozos e promover a lectura en galego para o que animamos a toda a poboación do concello a que acuda e participe nas actividades organizadas pola biblioteca e a visitar as súas instalacións para asociarse e así poder levar todos os libros de lectura que queiran para ler na casa, na praia, no campo ou en calquera lugar que lles preste... pero sobre todo para ler.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ACTIVIDADE APRAZADA ATA NOVA DATA POR INDISPOSICIÓN DA ARTISTA

Sentimos comunicar que esta actividade queda aprazada ata nova data por indisposición da artista SABELA GAGO que nos comunicou á primeira hora desta mañá a imposibilidade de desprazarse a Pazos de Borbén para realizar a actividade ao dar positiva por COVID-19.

Desexamos a SABELA GAGO unha pronta melloría e recuperación.

Pedimos desculpas ao público polas molestias. Nos próximos días comunicaremos a nova data de realización.
Grazas pola comprensión.




venres, 6 de maio de 2022

"MALETAS VIAXEIRAS”" unha viaxe teatralizada para atopar unha nova maneira de ollar o Mundo con SABELA GAGO para conmemorar o DIA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebra o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.

Esta actividade terá lugar o Venres día 13 de Maio a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.

Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 2 de maio de 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2022 o autor homenaxeado é o poeta valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN nace en Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas bocarribeiras do Sil e do Leira desde a Idade Media. Pola póla de seu pai, seu avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras. O pai de FDG, tamén Florencio, que era perito agrónomo, obrigou a familia a continuos traslados, desde que «Florenciño» tiña seis anos: Ourense, Palencia e Valladolid. Nesta última cidade comeza estudos universitarios de dereito. Alá espertou cara ao «protonacionalismo» ao ler o xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. Estamos a falar do treito temporal entre 1918 e 1924. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca familiar de Córgomo, onde tan só acudía os veráns. Estas lecturas espertaran a súa vocación poética...

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña:

 

-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.



-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
 

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

venres, 22 de abril de 2022

"RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE con VERO RILO

Finalizamos as actividades cultural-educativas e de animación á lectura do mes de Abril con esta proposta de narración oral a cargo de VERO RILO que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra dentro do programa plurianual "O PASADO POR VIR" que está a desenvolver promovido polo Departamento de Memoria Histórica, e co que pretende reivindicar as ideas transformardoras que estaban vixentes antes do golpe de Estado de 1936.

A través deste programa búscase recoñecer a herdanza dunha xeración única e irrepetible a nivel empresarial, político, cultural e social; e transmitir a idea de que aínda que coa represión e coa Ditadura se arrasou cos proxectos, e mesmo se aniquilaron as persoas, as súas ideas e o seu legado seguen vivos.

Para iso, o programa desenvolverá un amplo abano de actividades tanto de investigacion como de divulgación (xornadas, audiovisuais, perfomances, exposicións, publicacións e unidades didácticas), que estarán a disposición dos concellos e das asociacións memorialistas da provincia para a súa realización en diferentes espazos xestionados polas entidades solicitantes.

Aboadaranse as ambiciosas transformación políticas, socioeconómicas e culturais que se produciron na Galiza entre 1900 e 1936, especialmente na provincia de Pontevedra, sempre tratadas con perspectiva de país, clase e xénero.

A proposta que presentamos baixo o título de "RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE" a levará a cabo a narradora oral VERO RILO o día 29 de Abril próximo a partir das 11:30 horas no Auditorio do Concello e na que se contará coa participación do alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e de todos aqueles veciños e veciñas que se inscriban previamente chamando ao teléfono 986 497 273 da Biblioteca.

"RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE" é unha proposta con historias reais de recollida que fan un percorrido pola paisaxe de xullo do 36, desde a resistencia e a represión no arsenal de Ferrol ata as lavandeiras da Illa de San Simón. Historias bañadas polo mar, para chegarmos ao máis fondo e reivindicar a memoria do común a fin de que non se esqueza. Re(a)mar busca que a memoria se siga transmitindo e fique viva, fresca, rebelde e con cheiro a salitre.

VERO RILO:
Narradora oral e educadora con titulación en integración Social e Educación Infantil, Vero Rilo leva participando nun feixe de proxectos fóra e dentro do País e do Estado, deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida: a narración e a práctia educativa.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 20 de abril de 2022

INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO

INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
Ilustracións: Luz Beloso
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Sopa de libros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 10 anos

Narrador:
«Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino».

Demo Maior:
«Benvida, alma, ao comezo dunha nova existencia. Déixate levar pola luz das ilustracións. Nada tes que temer».

Eles non queren que se saiba, pero estás ante unha orixinal homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantástica galega, en perigo de extinción.

ISBN: 978-84-1110-088-5
Nº de páxinas: 160
Formato: 13 x 20 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío

luns, 18 de abril de 2022

OS BOLECHAS VAN Á XEADARÍA

OS BOLECHAS VAN Á XEADARÍA
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro/Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendadad: +6 anos

Os Bolechas van á xeadaría da nai da súa amiga Antonella, unha nena italiana...

ISBN: 978-84-09-01822-2
Nº de páxinas: 20
Formato: 16,5 x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

domingo, 17 de abril de 2022

LA BESTIA

LA BESTIA
Autor: Carmen Mola
Editorial Planeta
Colección: Autores Españoles e Iberoamericanos

Género: Literatura castellana - Novela de intriga y misterio

De manera magistral, Carmen Mola teje, con los hilos del mejor thriller, una novela frenética e implacable.

Corre el año 1834 y Madrid, una pequeña ciudad que trata de abrirse paso más allá de las murallas que la rodean, sufre una terrible epidemia de cólera. Pero la peste no es lo único que aterroriza a sus habitantes: en los arrabales aparecen cadáveres desmembrados de niñas que nadie reclama. Todos los rumores apuntan a la Bestia, un ser a quien nadie ha visto pero al que todos temen.

Cuando la pequeña Clara desaparece, su hermana Lucía, junto con Donoso, un policía tuerto, y Diego, un periodista buscavidas, inician una frenética cuenta atrás para encontrar a la niña con vida. En su camino tropiezan con fray Braulio, un monje guerrillero, y con un misterioso anillo de oro con dos mazas cruzadas que todo el mundo codicia y por el que algunos están dispuestos a matar.

ISBN: 978-84-08-24984-9
Número de páginas: 544
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta

sábado, 16 de abril de 2022

ÚLTIMOS DÍAS DE BERLÍN

ÚLTIMOS DÍAS DE BERLÍN
Editorial Planeta
Colección: Autores Españoles e Iberoamericanos

Género: Literatura castellana - Novela histórica

Cuando el amor y la esperanza son más poderosos que el odio y la furia.

Cuando Yuri Santacruz asistió al nombramiento como canciller de Adolf Hitler, no podía imaginar lo mucho que cambiaría su vida en Berlín. Había llegado allí unos meses atrás, después de haber huido, junto con parte de su familia, de San Petersburgo, asfixiados por una revolución que los había dejado sin nada. A Yuri también lo privó de su madre y su hermano pequeño, a quienes las autoridades rusas no permitieron la salida del país.

Ya en Berlín, su sentido de la justicia lo impulsará a defender a un joven comunista agredido por las tropas de asalto de Hitler. Ese día, además, conocerá a su gran amor, Claudia. Su vida dará un giro inesperado, y la que hasta entonces había sido su máxima prioridad, buscar a su madre y a su hermano, será sustituida por otra más urgente en esos tiempos convulsos: seguir con vida.

Una gran historia de amor y guerra, de lucha y supervivencia. Una delicia narrativa.

ISBN: 978-84-08-24985-6
Número de páginas: 648
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta

venres, 15 de abril de 2022

"CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" con MIGUEL ANXO ALONSO DIZ para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

E para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se celebra en todo o mundo o día 23 de abril, teremos con nós ao escritor MIGUEL ANXO ALONSO DIZ (fillo de Carmen da Carballeira) nacido en Madrid, residente na cidade de Vigo, e con raíces na parroquia de Moscoso (Pazos de Borbén).

O noso "veciños" traerános o seu contacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.

Esta actividade terá lugar o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidados para asistir á mesma o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

O nome da contada ven dun libro escrito polo autor no que as personaxes vense sometidas a unha situación estraña: "A xente da súa vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos". É un libro para que o lectorado reflexione sobre a situación da lingua galega.

Neste contacontos o narrador emprega contos e poemas escritos por él mesmo como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva). Coa participación dos asistentes nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, trabállase tamén aspectos de educación emocional, sempre tendo en conta a igualdade e o respecto á diferencia como un elemento transversal. Trabállase vocabulario en lingua galega, o amor pola poesía, os contos e a propia lingua.

Os obxectivos desta contada son os de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o uso da imaxinación.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

O PAÍS DA CHOIVA

O PAÍS DA CHOIVA
Autor: Miguel A. Alonso Diz
Ilustrador: Xosé Tomás
Limiar: Fran Alonso
Antela Editorial
Colección Quiricos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: +10 anos
Imaxínate que un día saes de casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua.
Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña.
Imaxínate que es Rosalía ou Fonso.
Imaxínate… Que farías?
Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos.

De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.

ACCEDE AO MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE O LIBRO PREMENDO AQUÍ.

ISBN: 978-84-09-33067-6
Nº de páxinas: 80
Formato: 14 x 22 cm
Encadernación: Rústica con solapas

xoves, 14 de abril de 2022

PENUMBRA

PENUMBRA
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de Xogo

Literagura Xuvenil Galega - Narrativa

Lista de Honra 2019 da OEPLI

A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios de Sol: Desértica, Montaña de Xeo, Cavernas de Sombra, Terra de Sur e Illa Dourada.

Ashlyn, a pequena irmá da sentinela desaparecida, é quen avisa as cinco terras do perigo e, ademais, quen guía a expedición na procura de Bryn a través das terras áridas de Desértica.

Mentres, Penumbra maniféstase na terrorífica sombra que intenta darlles caza.

ISBN: 978-84-9121-539-4
Nº de páxinas: 152
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío

mércores, 13 de abril de 2022

OS BOLECHAS VAN EN CARRIÑO

OS BOLECHAS VAN EN CARRIÑO
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro/Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendada: +6 anos

Os Bolechas van de paseo. Tatá vai en carriño porque aínda non sabe andar.

-Quen me dera ser pequeno para ir en carriño como Tatña! é comodísimo -di Carlos...

ISBN: 978-84-608-9421-6
Nº de páxinas: 20
Formato: 16,5 x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

martes, 12 de abril de 2022

LOS VENCEJOS

LOS VENCEJOS
Tusquets Editores S.A.
Colección Andanzas

Género: Literatura castellana - Narrativa

La nueva y extra ordinaria novela de Fernando Aramburu, tras el éxito internacional de Patria.

Toni, un profesor de instituto enfadado con el mundo, decide poner fin a su vida. Meticuloso y sereno, tiene elegida la fecha: dentro de un año.

Hasta entonces cada noche redactará, en el piso que comparte con su perra Pepa y una biblioteca de la que se va desprendiendo, una crónica personal, dura y descreída, pero no menos tierna y humorística.

Con ella espera descubrir las razones de su radical decisión, desvelar hasta la última partícula de su intimidad, contar su pasado y los muchos asuntos cotidianos de una España políticamente convulsa.

Aparecerán, diseccionados con implacable bisturí, sus padres, un hermano al que no soporta, su exmujer Amalia, de la que no logra desconectarse, y su problemático hijo Nikita; pero también su cáustico amigo Patachula. Y una inesperada Águeda.

Y en la sucesión de episodios amorosos y familiares de esta adictiva constelación humana, Toni, hombre desorientado empeñado en hacer recuento de sus ruinas, insufla, paradójicamente, una inolvidable lección de vida.

ISBN: 978-84-9066-998-3
Número de páginas: 704
Formato: 14,8 x 22,5 cm
Encuadernación: Rústica con solapas

luns, 11 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITO DE AUTOR 2022


Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" convidámosvos a celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se conmemorará en todo o mundo o próximo sábado 23 de Abril.

En "BIBLIOPAZOS" conmemoramos este día durante todo este mes de abril no que tamén celebramos o sábado día 2 de Abril o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, e o faremos coa vosa axuda.

Desde aquí animámosvos a que realicedes actividades culturais que teñen que ver cos libros; a que pasedes pola calquera biblioteca a reservar libros para levar e ler nas vosas casas; a que participedes nas actividades que organizamos; a que visitedes algunha librería; a que fomentedes a accesibilidade, produción e difusión das actividades sobre libros e a que acudades ás actividades que se relicen no entorno dos vosos domicilios.

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, celébrase o 23 de abril e foi decretado pola UNESCO co obxectivo de fomentar a lectura, ademais de dar a coñecer o dereito da propiedade intelectual para o autor da súa propia obra literaria.

Antecedentes:

O Día Mundial do Libro, tivo a súa orixe o día 15 de novembro do ano 1995 como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vlamidir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejías Vallejo, entre outros.

Foi a través da UNESCO que se decretou o día 23 de abril xa que nesa data celébrase o natalicio ou morte destes ilustres personaxes da literatura. Isto logrouse grazas á colaboración da Unión Internacional de Editores e cuxo fin foi, non só fomentar a cultura e as letras no mundo, senón tamén, buscar unha maneira de protexer a propiedade do dereito de autor.

A partir desta data, búscase render unha homenaxe universal aos libros e autores, así como fomentar e descubrir o pracer da lectura, valorar toda a achega cultural e o legado dos grandes escritores tanto do pasado como do presente.


Que son os dereitos de autor?

Os dereitos de autor, refírense a un conxunto de principios e normas xurídicas que establecen os dereitos morais, patrimoniais e universais que teñen todos os autores e escritores de obras literarias, científicas, musicais, artísticas ou de carácter didáctico.

Nesta categoría tamén están os creadores de programas informáticos, os anunciantes e publicistas, os produtores da cinematografía, etc. Está considerado como un dos dereitos humanos fundamentais na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Os libros como rica fonte de sabedoría

Os libros son fonte inesgotable de sabedoría, que axudan ao ser humano para transformar o seu mundo interior e exterior. Os libros son ferramentas para a apertura cara a novos coñecementos e valiosos recursos que axudan no desenvolvemento da creatividade e das capacidades cognitivas dos nenos.

Doutra banda, unha boa lectura, pode chegar a transformarse nunha excelente terapia para a nosa saúde e é un método para forxar a imaxinación tanto dos nenos como os adultos, ademais de ser un instrumento universal para forxar valores entre os máis novos.

Un bo libro pode servir como unha chave para expandir a diversidade cultural entre os distintos pobos do mundo.

Os libros máis lidos no mundo

A través da historia, moita foi a literatura que marcou un antes e un despois en toda a historia universal dos seres humanos. Nos cinco continentes, grandes escritores da talla de Homero, Shakespeare ou Miguel de Cervantes deixaron un gran legado á humanidade, con todo, aquí faremos mención ás obras máis relevantes:
  • A Biblia, foi o libro máis universal e vendido en todo o mundo. A súa influencia foi incuestionable e hoxe segue sendo un dos máis importantes e influentes no planeta enteiro.
  • A Iliada, de Homero é considerada unha das grandes obras literarias de todos os tempos, onde se mestura toda a historia cultural e social da antiga Grecia, con personaxes mitolóxicos envoltos nunha fascinante historia de amor.
  • Obras completas, de William Shakespeare. Toda a súa obra literaria é universal. Traducida a case todos os idiomas e representadas nos mellores escenarios e teatros de todo o mundo.
  • Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes. Esta maxistral obra da literatura española foi traducida a moitos idiomas. Chea dunha gran xenialidade logrou cativar ao público lector de todas as idades.
  • Harry Potter, de J. K. Rowling. Este libro foi toda unha revolución; con case 400 millóns de copias vendidas, está entre os máis buscados e aceptados por grandes e pequenos.
  • O Diario de Ana Frank. Un dos relatos máis conmovedores e alecionadores, contado por unha nena durante o exterminio nazi. Foi traducido a moitos idiomas ao redor do mundo.
  • Cen Anos de Soidade, de Gabriel García Márquez. É considerada unha verdadeira obra mestra da literatura hispanoamericana e universal.
Como celebrar o Día Mundial do Libro?

Para celebrar o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor, este 23 de abril, realizaranse, nos distintos países do mundo, unha serie de actividades que atraerán a atención de persoas dedicadas ao mundo das artes e as letras, así como fanáticos da lectura.

Se queres formar parte deste importante evento, convidámosche a fomentar de maneira individual ou colectiva a cultura e o hábito da lectura.

Tamén podes regalar un libro a un ser querido ou simplemente utiliza as distintas redes sociais para que compartas a túa opinión ou experiencia sobre este interesante tema a través do hashtag #DíaMundialdoLibro.


CAPITAL MUNDIAL DO LIBRO
Guadalajara (México) nomeada Capital Mundial do Libro para 2022

A cidade de Guadalajara (México) foi nomeada Capital Mundial do Libro para o ano 2022 pola Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, por recomendación do Comité Consultivo da Capital Mundial do Libro.

A cidade, que xa é unha Cidade Creativa da UNESCO desde 2017, foi seleccionada polo plan integral de políticas en torno ao libro como concepto para desencadear o cambio social, combater a violencia e construír unha cultura de paz para os seus cidadáns.

O programa proposto por Guadalajara céntrase en tres eixos estratéxicos: a recuperación dos espazos públicos mediante actividades de lectura en parques e outros espazos accesibles; a vinculación e cohesión social, especialmente a través de talleres de lectura e escritura para nenos; e o fortalecemento da identidade de barrio mediante as conexións interxeracionais, a narración de contos e a poesía rueira.

Como Ciudad Creativa das Artes Dixitais, Guadalajara xa apoiou aos seus talentos locais e ás súas industrias creativas mediante iniciativas que poñen ás artes dixitais no corazón dos seus programas, incluída o seu mundialmente famosa Feira Internacional do Libro. Agora, a cidade utilizará os seus bens culturais, como bibliotecas, salas de lectura, librerías e editoriais independentes para mellorar as súas políticas de prevención da violencia. Estes recursos aproveitaranse para poñer os dereitos humanos, a igualdade de xénero e a cultura de paz ao alcance dos cidadáns. Desta maneira, a cidade ve o libro como unha compoñente clave para a transformación social.

As actividades incluirán eventos literarios en colaboración con escritores latinoamericanos, un proxecto artístico sobre a “Torre de Babel”, e outros eventos que vincularán o teatro e a música coa literatura e o uso da radio local para lecturas de poesía.

O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2022, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

As cidades designadas pola UNESCO como Capital Mundial do Libro comprométense a promover o libro e a lectura organizando actividades ao longo de todo un ano. Guadalajara é a vixésimo segunda cidade en ostentar neste título desde 2001 e segue a Tiflis (2021) e Kuala Lumpur (2020). Outras capitais mundiais do libro no pasado foron Madrid (2001), Alexandría (2002), Nova Deli (2003), Anveres (2004), Montreal (2005), Turín (2006), Bogotá (2007), Ámsterdam (2008), Beirut (2009), Liubliana (2010), Buenos Aires (2011), Ereván (2012), Bangkok (2013), Port Harcourt (2014), Incheon (2015), Breslavia (2016), Conakry (2017), Atenas (2018) e Sharjah, (2019). A candidatura da cidade de Guadalaxara foi seleccionada por un Comité Asesor que inclúe a representantes da Asociación Internacional de Editores ( AIE), a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas ( IFLA), o Foro Internacional de Autores ( IAF) e a UNESCO.

A candidatura da cidade de Guadalajara foi aceptada por un Comité Asesor integrado por representantes da Asociación Internacional de Editores ( IPA), a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios ( IFLA), o Foro Internacional de Autores ( IAF) e a UNESCO.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger