Despois de ter aprazado a actuación prevista para o día 13 de maio por indisposición da actriz Sabela Gago, continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura en BiblioPazos e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, xa recuperada, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.
Esta actividade terá lugar o próximo VENRES DÍA 3 DE XUÑO a partir
das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para
asistir ao mesmo o alumnado de Infantil
do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación
ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se
inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?
Esta actividade atópase
incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que
promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e
Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de
Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.