venres, 6 de xuño de 2025

"CONTOS AO REDOR DA TERRA" de Alba Grande en Pazos de Borbén. Unha actividade da XIII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA"

Iniciamos as actividades do mes de xuño co espectáculo "CONTOS AO REDOR DA TERRA" que nos trae a actriz, xograresa e monicrequeira ALBA GRANDE -tamén coñecida nos últimos anos como Alba de Vales-. 

Con este espectáculo o Concello de Pazos de Borbén participa por sétimo ano no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que celebra a súa XIII Edición este ano.

O espectáculo terá lugar o Venres 13 de Xuño, a partir das 13:00 horas na Biblioteca do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, por non poder utilizar o Auditorio do Concello debido ás obras de rehabilitación que se están realizando para arranxar os danos causados no edificio polo temporal "Martinho" fai uns meses; e polo que non podemos permitir o acceso á actividade á veciñanza por cuestións aforo e seguridade.

"CONTOS AO REDOR DA TERRA" é un espectáculo unipersoal de narración oral e xograría que reinterpreta tradición cultural propia e pón de manifesto a súa chave; a lingua galega.

Partindo da narración oral e mesturándoa con elementos do teatro xestual e de figuras, a actriz ourensá ALBA GRANDE toma o carácter de Alba de Vales para ofrecernos a tradición oral que percibiu e procurou nun comprendio de pezas contadas e cantadas.

Entre elas, o conto de “O rato e a rateira”, un relato anónimo recuperado dun vello almanaque labrego que a xograresa reconta á súa maneira, servíndose dunha sinxela posta en escena para artellar técnicas do teatro de obxectos e monicreques, combinada co teatro de actor, inspirada no xeito de transmitir de Dario Fo.

Nesta liña tamén nos presenta un Romance burlesco popular, recollido na súa propia aldea por terras de Cea, en Ourense. “Os tres casamentos nun día”, libremente interpretado. Ou unha cántiga tradicional, que mestura estilos populares de Galiza e da península ibérica, e é tamén o canto da Xograresa, que neste espectáculo preséntase coma nun renacemento, no arquetipo actualizado, nunha personaxe dos camiños de terra e asfalto, e dos do pasado, presente e futuro entretecidos.

Aquí unha xograresa búscase a si mesma, neste século, tecendo con historias, cantos e contos, as preguntas sobre ser xograresa, ser galega e galegofalante, sobre a tradición ou a ruralidade. Re-interpretándose nas historias do seu lugar de orixe e dunha raíz expandida, que vai e retorna.

Convidamos a participar neste evento ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación poden contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

xoves, 15 de maio de 2025

Conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS co contacontos ilustrado "CANTAREIRAS. A poesía popular nas Letras Galegas 2025" de Polo Correo do Vento


E para rematar as actividades deste mes o Martes día 20 de Maio ás 10:30 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos visitarános outro ano máis Quique Mauricio e Carlos Taboada do colectivo POLO CORREO DO VENTO que nos traerán o Contacontos ilustrado "CANTAREIRAS: A poesía popular nas Letras Galegas 2025", baseado no libro do mesmo título dos citados autores, ilustrado por Tania Solla, e editado por Lela Edicións.

Con esta proposta orientada ao público infantil conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS nunha actividade na que se narrará oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida das homenaxeadas deste ano, e faremos un obradoiro de debuxo no que realizaremos unha caricatura dunha cantareira galega.

O Concello adquiriu 100 exemplares do libro e cada un dos asistentes a este evento será agasallado cun exemplar; ademais tamén entregaranse varios exemplares ás Bibliotecas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da Asociación ASPAVI, ata acabar as existencias.

Están convidados a asistir a esta actividade o alumnado de Infantil e 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e o alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 14 de maio de 2025

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025 homenaxea á Poesía Popular Oral personificado nas Cantareiras

O vindeiro día 17 de Maio conmemoramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS desde que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2025 acordouse homenaxear á Poesía Popular Oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.


Para mais información sobre as homenaxeadas e os actos que terán lugar arredor deste DÍA DAS LETRAS GALEGAS podedes acceder á páxina web da Real Academia Galega na seguinte imaxe:


E na páxina web Primavera das Letras atoparedes un montón de actividades para todas as idades. Podedes acceder á información facendo clic na seguinte imaxe:


Tamén tedes máis información na web do Seminario Galán á que podedes acceder clicando na imaxe:


E, por último, tamén tedes moita información na web do "Portal da Lingua Galega" da Secretaría Xeral de Política Lingüistica no que atoparedes moitos recursos e información sobre as cantareiras e a poesía popular oral.


Fonte: Real Academia Galega - Seminario  Galán - O Portal da Lingua Galega

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

sábado, 10 de maio de 2025

"OBRADOIRO DE REGUEIFA" impartido por LUPE BLANCO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS de 2025

Continuamos en "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coas actividades do mes de Maio nas que seguimos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando eventos para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.


A seguinte actividade terémola o Martes 13 de Maio a partir das 10:20 horasnas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Nesta ocasión recibiremos a visita da pandereteira e regueifeira GUADALUPE BLANCO VÁZQUEpara impartir ao alumnado de ESO un "OBRADOIRO DE REGUEIFAS" en dúas sesións de 90 minutos cada unha coa que queremos conmemorar especialmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2025 adicado á Poesía Popular Oral.

Esta proposta de LUPE BLANCO ven da necesidade imperiosa de que esta tradición, que nos chega dende tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible, simplemente polo feito de non haber quen se preocupe dela. Ademais somos da idea de que os seus valores e contidos non están esgotados, son plenamente vixentes e teñen ademais cualidades pedagóxicas e de entretemento inexploradas ata hoxe. É por isto que nos decidimos a promover esta experiencia absolutamente nova e pioneira, que agardamos dea os resultados previstos.

Os obxectivos desta actividade son os seguintes: 

  • Dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso.
  • Espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artística.
  • Utilizar esta forma de expresión como elemento didáctico de estudo das distintas compoñentes do fenómeno poético: - Tipo de estrofas Rima Tonada Métrica -Outros
  • Conseguir que os/as rapaces/zas sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.
  • Facelos participar doutra serie de compoñentes educativas:

        1. Desenvolvemento de competencias persoais:

    • Actitudes e competencias para a improvisación.
    • Autoconfianza/autoestima
    • Actitude creativa e axilidade mental
    • Competencias para organizar a comunicación
    • Desenvolvemento da memoria

        2. Implicaciódo alumnado no patrimonio cultural: Coñecemento da                        improvisación oral como expresión cultural universal

        3. Potenciación complementaria da competencia musical, lingüística e
            escénica.

A actividade está orientada ao alumnado de 12 a 16 anos, é dicir, a estudantes de ESO, que son os que teñen máis temas relacionados coa poesía dentro dos seus contidos académicos.

Aclarar que este é un obradoiro de duración reducida e que non pretende sacar regueifeir@s, senón familiarizar os asistentes con esta manifestación popular e coa súa técnica que ten elementos poéticos, musicais e tamén teatrais. Haberá unha serie de contidos/conceptos que estarán de fondo durante toda a sesión, como son; a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade..., todas elas características intrínsecas da poesía.

As sesións van a ser eminentemente prácticas, dinámicas e participativas; variando a súa intensidade entre os distintos exercicios e dependendo tamén do grao de implicación que se acade dos partícipes. Pensamos a sesión para que a intensidade da mesma vaia de menos a máis e @s moz@s leven unha experiencia satisfactoria para casa.

GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ, ( Coristanco 1980 ) Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o " padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais  

"Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira ( Carballo ) Noite no Medievo ( Rioboo- Cabana ) e Festa da Pataca                  ( Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira  “Escola de regueifa" no Concello de Carballo.

 Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco ( Centro Galego de Laudio ) ou Mallorca ( Certame de Glosa en Sóller )

Nas súas intervencións destacadas están:

  • Gala do Patrimonio (Cangas 2017 )
  • Carballeira de Zas ( 2019)
  • Presentación do Diario Nós ( Compostela 2019 )
  • Festival "Alguén que Respira" ( Teatro principal Compostela 2020)
  • Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal ( Auditorio de Galicia 2021)
  • Certame Internacional de improvisación ( Valladares, Vigo )
  • Congreso estatal de EPA ( Cidade da Cultura 2022)
  • Catas de Galicia ( 2022 )
  • No ano 2024 acadaou o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia en Carballo, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

xoves, 8 de maio de 2025

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DO MES DE MAIO CO ESPECTÁCULO "2 PASOS 25 PESETAS" DE LORENA PINHEIRO

Desde "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando actividades para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.

Comezamos as actividades deste mes de Maio -no que conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS-, coa que terá lugar este Venres 9 de maio a partir das 13:00 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e na que recibiremos a LORENA PINHEIRO que nos traerá o seu espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" dirixido ao alumnado de ESO.

O espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" fala dos anos 80. A chegada do teléfono público a Meder cambia a vida de toda a parroquia.

Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta.

Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o teléfono supletorio para intervir no programa contando algunha historia.

Traballa sen paraxe salvo para ler a prensa en escoitar o parte na recén estreada Televisión de Galicia.

Unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE MAIO DE 2025

Desde "BIBLIOPAZOS", a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos traballando pola educación e a cultura no municipio organizando actividades para promover, dinamizar e animar á lectura entre a veciñanza -especialmente entre os escolares e mocidade- co obxectivo de sensibilizar á poboación para que utilicen en todos os ámbitos da súa vida a nosa lingua a través do Programa de animación á lectura e de dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2025.

Para este mes de Maio -no que conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS-, temos organizado varias actividades para promover o noso idioma e para homenaxear ás "Cantareiras e á poesía popular oral", pois este ano a Real Academia Galega acordou dedicar esta data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

Así este Venres 9 de maio a partir das 13:00 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos recibiremos a visita de LORENA PINHEIRO que nos traerá o seu espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" no que participará todo o alumnado de ESO.

O espectáculo "2 PASOS 25 PESETAS" fala dos anos 80. A chegada do teléfono público a Meder cambia a vida de toda a parroquia.

Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta.

Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o teléfono supletorio para intervir no programa contando algunha historia.

Traballa sen paraxe salvo para ler a prensa en escoitar o parte na recén estreada Televisión de Galicia.

Unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións.

Continuaremos as actividades o Martes 13 de Maio a partir das 10:20 horas, tamén nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Nesta ocasión recibiremos á pandereteira e regueifeira GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ para impartir ao alumnado de ESO un "OBRADOIRO DE REGUEIFAS" en dúas sesións de 90 minutos cada unha coa que queremos conmemorar especialmente o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano 2025 adicado á Poesía Popular Oral.

Esta proposta de LUPE BLANCO ven da necesidade imperiosa de que esta tradición, que nos chega dende tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible, simplemente polo feito de non haber quen se preocupe dela. Ademais somos da idea de que os seus valores e contidos non están esgotados, son plenamente vixentes e teñen ademais cualidades pedagóxicas e de entretemento inexploradas ata hoxe. É por isto que nos decidimos a promover esta experiencia absolutamente nova e pioneira, que agardamos dea os resultados previstos.

Os obxectivos desta actividade son os seguintes: 

  • Dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso.
  • Espertar posibles vocacións na práctica desta manifestación artística.
  • Utilizar esta forma de expresión como elemento didáctico de estudo das distintas compoñentes do fenómeno poético: - Tipo de estrofas Rima Tonada Métrica -Outros
  • Conseguir que os/as rapaces/zas sexan quen de realizar unha copla improvisada ao remate da sesión.
  • Facelos participar doutra serie de compoñentes educativas:
              1. Desenvolvemento de competencias persoais:
      • Actitudes e competencias para a improvisación.
      • Autoconfianza/autoestima
      • Actitude creativa e axilidade mental
      • Competencias para organizar a comunicación
      • Desenvolvemento da memoria

                2. Implicación do alumnado no patrimonio cultural: Coñecemento da
                    improvisación oral como expresión cultural universal
                 3. Potenciación complementaria da competencia musical, lingüística e
                     escénica.

A actividade está orientada ao alumnado de 12 a 16 anos, é dicir, a estudantes de ESO, que son os que teñen máis temas relacionados coa poesía dentro dos seus contidos académicos.

Aclarar que este é un obradoiro de duración reducida e que non pretende sacar regueifeir@s, senón familiarizar os asistentes con esta manifestación popular e coa súa técnica que ten elementos poéticos, musicais e tamén teatrais. Haberá unha serie de contidos/conceptos que estarán de fondo durante toda a sesión, como son; a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade..., todas elas características intrínsecas da poesía.

As sesións van a ser eminentemente prácticas, dinámicas e participativas; variando a súa intensidade entre os distintos exercicios e dependendo tamén do grao de implicación que se acade dos partícipes. Pensamos a sesión para que a intensidade da mesma vaia de menos a máis e @s moz@s leven unha experiencia satisfactoria para casa.

GUADALUPE BLANCO VÁZQUEZ, ( Coristanco 1980 ) Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o " padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais  

"Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira ( Carballo ) Noite no Medievo ( Rioboo- Cabana ) e Festa da Pataca                  ( Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira  “Escola de regueifa" no Concello de Carballo.

 Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco ( Centro Galego de Laudio ) ou Mallorca ( Certame de Glosa en Sóller )

Nas súas intervencións destacadas están:

  • Gala do Patrimonio (Cangas 2017 )
  • Carballeira de Zas ( 2019)
  • Presentación do Diario Nós ( Compostela 2019 )
  • Festival "Alguén que Respira" ( Teatro principal Compostela 2020)
  • Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal ( Auditorio de Galicia 2021)
  • Certame Internacional de improvisación ( Valladares, Vigo )
  • Congreso estatal de EPA ( Cidade da Cultura 2022)
  • Catas de Galicia ( 2022 )
  • No ano 2024 acadaou o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia en Carballo, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.


E para rematar as actividades deste mes o Martes día 20 de Maio ás 10:30 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos visitarános outro ano máis Quique Mauricio e Carlos Taboada do colectivo POLO CORREO DO VENTO que nos traerán o Contacontos ilustrado "CANTAREIRAS: A poesía popular nas Letras Galegas 2025", baseado no libro do mesmo título dos citados autores, ilustrado por Tania Solla, e editado por Lela Edicións.

Con esta proposta orientada ao público infantil conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS nunha actividade na que se narrará oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida das homenaxeadas deste ano, e faremos un obradoiro de debuxo no que realizaremos unha caricatura dunha cantareira galega.

O Concello adquiriu 100 exemplares do libro e cada un dos asistentes a este evento será agasallado cun exemplar; ademais tamén entregaranse varios exemplares á biblioteca do colexio e da Asociación ASPAVI, ata acabar as existencias.

Están convidados a asistir a esta actividade o alumnado de Infantil e 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e o alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 16 de abril de 2025

"ALFABETO CASTELAO" de SOLEDAD FELLOZA para conmemorar o "ANO CASTELAO" e o "DÍA MUNDIAL DO LIBRO"

O pasado mércores 2 de Abril conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo "HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE" que nos trouxo FRAN AMEIXEIRAS da compañía teatral BANDULLO AZUL organizado pola Biblioteca Pública Municipal  de Pazos de Borbén.

Continuamos coas actividades do noso Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2025 para conmemorar o DÍA DO LIBRO, e tamén o ANO CASTELAO declarado pola Xunta de Galicia neste ano 2025 con motivo da celebración do 75 aniversario do seu pasamento e como "mostra de gratitude do pobo galego" a esta figura singular da cultura e política galegas.

O DÍA DO LIBRO celébrase en todo o mundo o día 23 de abril de cada ano desde o 15 de novembro de 1995 en que tivo a sua orixe como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entre moitos outros; e foi a través da UNESCO que se decretou ese día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores. E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi "unha das figuras máis coñecida e recoñecida por todos os galegos e galegas" capaz de "convocar sempre e unir a todos". Neste ANO CASTELAO 2025 o Concello de Pazos de Borbén súmase a esta conmemoración a través da seguinte actividade:


"ALFABETO CASTELAO"
é un espectáculo do A ao Z para coñecer unha che de historias ao redor da obra e da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que nos traerá a actriz e contacontos SOLEDAD FELLOZA o Mércores 23 de Abril á partir das 13:00 horas na Biblioteca do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Seguindo o abecedario percorreremos un camiño, cheo de compromiso e defensa do país. Dende a pintura, a literatura e a política achegarémonos ao universo Castelao.

No 2025 conmemoramos o cabodano da morte de quen foi un dos fundadores da Galicia na que noxe vivimos. Non é doado sintetizar a obra inmensa dun home que foi novelista, dramaturgo, ensaísta, entógrafo, debuxante, pintor, teórico da arte e político.

Por iso a función artéllase dende o abecedario onde cada letra agocha contos, anacos de textos teatrais e artigos.

O "Alfabeto Castelao" procura achegar á rapazada e tamén a mozos e adultos, o legado do gran intelectual galego que defendeu sempre a necesidade de construir unha arte e cultura propia na lingua do seu país.

Os textos están adaptados a diferentes idades, e acompáñanse de proxeccións da obra pictórica e gráfica de Castelao.

Asistirá a esta función o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Debido aos danos ocasionados polo temporal "Martinho" no edificio do Concello e non poder utilizar o Auditorio, realizaremos a actividade na Biblioteca do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e non podemos abrir a actividade a toda a veciñanza por problemas de aforo e seguridade.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 28 de marzo de 2025

CONMEMORARACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - "HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE" CON FRAN AMEIXEIRAS DE "BANDULLO AZUL"

No Concello de Pazos de Borbén conmemoraremos outro ano máis o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL coa actividade que ten organizada a Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" para o Mércores 2 de Abril a partir das 13:00 horas no Ximnasio do CPI "Curros Enríquez" de Pazos na que recibiremos a FRAN AMEIXEIRAS de "BANDULLO AZUL" que nos traerá o seu espectáculo "HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE".

O obxectivo desta e outras activiaddes é a de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas7os e adultos de todas as idades.


Temos convidado a asistir a este evento ao alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

En “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” a cadeliña Becki, desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo, cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas e con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.

O mundo está cheo de historias diferentes, de culturas diferentes, de persoas diferentes. E a curiosidade e a empatía por esas outras culturas, esas outras persoas, axúdannos a mellorar o planeta que habitamos e a facer del un lugar máis pacífico e amoroso.

“BANDULLO AZUL” naceu en 2012 da man dos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos. Especializada no teatro familiar e en espectáculos educativos de animación á lectura, a compañía aposta por traballar en valores desde o clown xerando espectáculos didácticos, e cheos de comicidade e interacción cos máis pequenos.

Debido aos danos ocasionados polo temporal "Martinho" no edificio do Concello e non poder utilizar o Auditorio, esta actividade realizarase no Ximnasio do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e, por problemas de aforo e seguridade, non podemos abrir a actividade a toda a veciñanza.

Este evento forma parte do
programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración cos concellos.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2025

Jella Lepman fundadora do IBBY (INTERNATIONAL BOARD ON BOOKS FOR YOUNG PEOPLE), organización internacional integrada por unhas 80 seccións nacionais) foi a pioneira de moitas iniciativas para a promoción da lectura e da literatura infantil, e entre elas, a súa proposta en 1966 de celebrar un DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e que fose o 2 de abril, data que se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Así, Desde 1967, o 2 de abril, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías etc.

A sección patrocinadora deste ano é Paises Baixos que difunde a mensaxe da escritora Rian Visser. O tema deste ano é “A liberdade da imaxinación”, e o lema é a última frase do poema Linguaxe visual: “Estas palabras que saíron da miña boca son para ti". O poema provén da colección ilustrada de poesía Alle wensen van de wereld (2021) de Rian Visser e a ilustradora Janneke Ipenburg.

Rian Visser (1966) é unha escritora e poeta holandesa de libros infantís. Escribe textos divertidos e emocionantes. Xunto coa ilustradora Janneke Ipenburg, creou as coleccións de poesía Alle wensen van de wereld (2021) e Het is een zachte dag vandaag (2024). En 2022, Rian Visser gañou un Zilveren Griffel e a Gouden Poëziemedaille (Medalla de Ouro de Poesía). Rian Visser é moi activa en temas educativos. Deseña leccións dixitais sobre escritura creativa e promoción da lectura que os mestres poden usar de forma gratuíta. Desde 2024 ata 2026, foi oficialmente nomeada Poeta Infantil dos Países Baixos.

Janneke Ipenburg (1979) é unha ilustradora holandesa de libros infantís. Realizou dúas coleccións de poesía con Rian Visser. En 2023 fixo o libro ilustrado "Voor altijd bij jou". Ademais do seu traballo como ilustradora, Janneke traballou en varias películas de animación e actualmente está a traballar como deseñadora de personaxes nunha gran animación stop-motion chinesa. En 2023, Janneke estivo na lista de finalistas dos World Illustration Awards.



CONCURSO INTERNACIONAL DE DEBUXO

IBBY Países Baixos lanzou un Concurso Internacional de Ilustración para animar aos nenos de todo o mundo para usar e expresar a súa imaxinación e creatividade mediante a creación de obras de arte inspiradas no tema "A liberdade da imaxinación" e o lema asociado: "Estas palabras que saíron da miña boca son para ti". - do poema 'Linguaxe visual' de Rian Visser.

Crea un debuxo, pintura ou calquera outra obra de arte baseada no poema e envíaa a IBBY Países Baixos.

Todas as participacións están no seu sitio web, e os gañadores recibirán un paquete de libros para a súa escola. Esta exposición virtual é a nosa forma de celebrar a liberdade da imaxinación.


A continuación ofrecémosvos a tradución da mensaxe ao
 galego facilitada por GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil:

Linguaxe visual

Podes debuxar algo
para as palabras,
para as cousas que digo?

Daquela, debuxa
un buraco no día
o frío,
o vento,
un nó na gorxa
ou a mala sorte,

debuxa unha tose,
un suspiro,
o aroma a pan fresco,
o tempo,
o instante,
o principio ou a fin
dun plan,

debuxa ese lugar onde algún día,
ese lugar onde nunca,
ese lugar onde despois
ocorrerá algo,
debuxa a dor dun empurrón,
o sabor do mar.

Gustaríame ver tantas
cousas
o amor, por exemplo,
máis tarde,
algún día e quizais.

Fai debuxos
para o meu poema,
pero con liberdade:
estas palabras
que saíron da miña boca
son para ti.

Texto: Rian Visser Tradución: Mercedes Pacheco

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger