martes, 16 de xuño de 2015

CONTOS E POEMAS PARA UN MES CALQUERA

CONTOS E POEMAS PARA UN MES CALQUERA
Autores: Jordi Sierra i fabra e Antonio García Teijeiro
Ilustracións: Antonia Cortijos 
Tradución dos Contos: Alba Piñeiro Estévez 
Tradución dos Poemas: Antonio García Teijeiro
Editorial: Planeta, S.A
Ano de edición: 2006
Colección: Camaleón. Verde

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 10 anos.

"Contos e poemas para un mes calquera" é a feliz unión de narrativa e poesía: 31 contos e 31 poemas cheos de fantasía cos que viaxar polo máis insólito dos universos:o da palabra e os sentimentos.

ISBN: 84-9811-070-X
Formato: 20 x 13 cm
Nº de páxinas: 160

luns, 15 de xuño de 2015

TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA - 1º SEMESTRE DE 2015


A Consellería de Economía e Industria, concede axudas para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do Tícket Eléctrico Social de Galicia ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).


Esta nova convocatoria mellora as súas prestacións pasando de 90 a 180 euros anuais para as familias con dous o menos fillos ao seu cargo; e de 120 a 300 euros no caso das familias numerosas. Ademais, a convocatoria será compatible coa percepción da RISGA, incrementando os potenciais beneficiarios ata os 40.000 fogares. Para acadar estas cifras, a Consellería de Economía e Industria incrementa un 25% o orzamento sumando 1,5 millóns. A orde terá unha duración dun ano comprendendo o segundo semestre do exercicio xa rematado e os primeiros seis meses desta anualidade.

Así mesmo, e coa finalidade de facilitar a solicitude do tícket, que será por vía telemática, simplifícanse os trámites administrativos e refórzanse as vías de tramitación para que sexa máis áxil e sinxelo o seu requirimento. As persoas interesadas poderán dirixirse ás oficinas de calquera das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle tramiten a solicitude. 

O tícket, cuxa contía se suma ao bono social do Goberno central, permitirá incrementar os beneficios que este supón, xerando de modo conxunto aforros de ata un 50% no recibo eléctrico dos favorecidos, que desta volta serán aquelas familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superen en 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). 


O prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do primeiro semestre de 2015 comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015.


MAIS INFORMACIÓN

Na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

b) Os seguintes teléfonos: 
A Coruña: 981 184 995 e 981 184 936.
Santiago: 981 957 185 e 981 545 553.
Lugo: 982 294 975 e 982 294 670. 
Ourense: 988 386 710.
Pontevedra: 986 805 213 e 986 805 222.
Vigo: 986 817 561, 986 817 822 e 986 817 764.


c) O enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es

d) Presencialmente nas oficinas da Consellería de Economía e Industria.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger