mércores, 30 de decembro de 2020

TRESCATORCEDEZASEIS

 
TRESCATORCEDEZASEIS
Autor: Rocío Leira Castro
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela

Finalista do XI premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.

Comeza o xogo!

ISBN: 978-84-9121-624-7
Nº de páxinas: 144
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger