luns, 28 de decembro de 2020

ATRANCO NO BANCO

ATRANCO NO BANCO
Autor: Manuel Núñez Singala
Editorial Galaxia
Colección: Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Teatro

Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.

Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto.

Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida. 

E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

ISBN: 978-84-9151-405-3
Nº de páxinas: 108
Formato: 13 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger