BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO PAPAGAIO QUE FALABA DE MAIS
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Editorial Galaxia
Colección: Costa Oeste
Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Novela
Despois de facerse cargo da axencia de detectives de seu pai, paralizado na cama tras un accidente que en realidade fora un intento de asasinato, que Berta Mir resolveu, mergúllase noutro caso, aparentemente sinxelo: buscar un papagaio roubado; pero que se complicará enredándose cunha rede mafiosa de tráfico de animais, un asasinato, unha misteriosa desaparición e o descubrimento das miserias e segredos dunha podente familia industrial barcelonesa.
Un novo caso que, xunto co primeiro concerto do seu grupo de rock, os desenganos amorosos e o enfrontamento coa dura realidade cotiá, fai que Berta abandone de golpe a adolescencia e se descubra a si mesma.
ISBN: 978-84-9151-403-9
Nº de páxinas: 324
Formato: 14 cm x 21 cm
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.